22 abr 2014

postheadericon Visibilizando as consecuencias de "Dous anos de reforma sanitaria: máis vidas humanas en risco"

No mes do Dia Internacional da Saúde, Médicos do Mundo-Galicia organiza en Compostela actividades de sensibilización en torno ao dereito á saúde.


Neste mes de abril comemórase o Día Internacional da Saúde, que cada ano presta atención a cuestións relevantes de saúde pública no ámbito internacional. Paralelamente, no Estado Español cúmprense dous anos da entrada en vigor do Real Decreto 16/2012, de medidas urxentes para garantir a sustentabilidade do Sistema Nacional de Saúde e mellorar a calidade e seguridade das súas prestacións, que entre outras medidas deixou fóra do sistema sanitario as persoas inmigrantes en situación irregular, o que supón unha ruptura co modelo vixente até o momento, que pretendia garantir o dereito de sanidade universal.
Médicos do Mundo considera que o Goberno español debe pór en marcha de maneira prioritaria as medidas lexislativas, políticas e orzamentarias necesarias para restituír o modelo sanitario acorde co principio de Universalidade da asistencia sanitaria.
É por isto que dende Médicos do Mundo-Galicia escollemos este mes de abril para facer visíbeis as consecuencias da entrada en vigor deste decreto e sensibilizar á cidadanía en torno ao dereito á saúde para todas as persoas. Así, no vindeiro día 22 de abril realizaremos en Santiago de Compostela as seguintes actividades:

 Xogo de rol: A SAÚDE NON É UN XOGO
12:00-15:00 h. Na Praza do Toural (Santiago de Compostela)

Pasarrúas con percusión: A CONGA DA SAÚDE
Saída ás 17:00h da Praza do Toural, acompañadas polo grupo Trópico de Grelos.

Para máis información:
Iria Gippini. Tel. 639.647.153
iria.gippini@medicosdelmundo.org

INFORME COMPLETO "Dos años de reforma sanitaria, más vidas humanas en riesgo"
EN: http://issuu.com/medicosdelmundespana/docs/impacto-reforma-sanitaria-medicos-d

0 comentarios:

SOS Sanidade Pública

C. de Saúde do Hío, XA!

C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!

Polo CAR para o Morrazo

Redes sociais

Síguenos

100% público

100% público

POVI$A: listas de espera

POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com
.

Informe POVISA

Kiko da Silva

Kiko da Silva

Alianza Social do Morrazo

Alianza Social do Morrazo

Páxinas vistas

Powered By Blogger