22 abr 2014

postheadericon O traslado do laboratorio central ao Meixoeiro supón un novo recorte e a perda do carácter estratéxico do NHV

A decisión de trasladar o Laboratorio Central da área sanitaria de Vigo ao Hospital do Meixoeiro vén corroborar, unha vez máis, a política de recortes de recursos e a perda de carácter estratéxico do Novo Hospital de Vigo, que cada vez está máis claro que acabará sendo un hospitalito, en lugar do que Vigo necesita e tiña planificado antes da privatización.
Non é razoable que este novo centro careza de laboratorio central que é un servizo esencial para pechar os procesos diagnósticos, que debería estar o máis preto posible dos servizos clínicos, especialmente dos de urxencia. Non se entende un Hospital como o de Vigo sen un Laboratorio Central (Core). Sábese que o Meixoeiro carece de espazo para albergar un Core como o que estaba planificado con Laboratorio de Análises Clínicas e Microbioloxía, Anatomía Patolóxica e Xenómica e Bioloxía Molecular. Vaise a reducir a un mero laboratorio de funcionamento diario como primeiro paso para a privatización do servizo.
Entre as causas desta decisión estarían o afán de reducir custos de edificación ás concesionarias privadas e o seu posible privatización xa que o SERGAS asignou o Laboratorio Central de Galicia para probas tecnolóxicas a un laboratorio de Vigo e a outro catalán.
As consecuencias da estratexia de privatizar o financiamento, construción e xestión do Novo Hospital serán desastrosas para o novo centro e a poboación asistida: redución de camas, equipamiento e superficie; perda de servizos de referencia (os de maxilofacial e cirurxía cardíaca previstos para Vigo acabaron en Santiago parece que a cambio de favores persoais); atraso na entrega da obra (a empresa pediu unha nova prórroga dun ano para entregar o hospital) e mantemento do concerto singular con POVISA e todo a un custo exorbitado ten veces superior ao real.
Desgrazadamente as nosas previsións cúmprense inexorablemente.
Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública

0 comentarios:

SOS Sanidade Pública

C. de Saúde do Hío, XA!

C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!

Polo CAR para o Morrazo

Redes sociais

Síguenos

100% público

100% público

POVI$A: listas de espera

POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com
.

Informe POVISA

Kiko da Silva

Kiko da Silva

Alianza Social do Morrazo

Alianza Social do Morrazo

Páxinas vistas

Powered By Blogger