25 abr 2014
A elevadísima lista de espera de POVISA non cederá mentres non se invirtan as actuais políticas privatizadoras
Nin os "plans de choque" de derivacións a outros hospitais da provincia nin a recén aprobada Lei de Garantías están a producir ningún efecto sobre as listas de espera que padecemos @s os usuari@s do Morrazo e doutras zonas asignados obrigatoriamente a POVISA. É imposible cambiar a tendencia cando nese centro hospitalario se reducen xornadas, se producen despidos de persoal e aumenta o deterioro das condicións laborais. O famoso mantra do austericidio de "facer máis con menos" trae estes resultados: listas de espera que máis que duplican á dos hospitais públicos e unha atención, hixiene e cuidados peores cada día que pasa. As queixas, neste sentido, chegadas á oficina do Valedor do Pobo o ano pasado, cóntanse por miles.
Segundo os actuais xestores do SERGAS, todo se ía solucionar cando entrase en funcionamento o Novo Hospital de Vigo, pero polo que estamos a ver esa "promesa" retrásase no tempo e as reducións no dimensionamento e recortes nos servizos do centro de Valladares condénanos a unha situación de permanente vinculación a POVISA. Só medidas radicais de defensa da sanidade pública, reinvertindo o proceso de privatización do Novo Hospital e colocando a POVISA no lugar de onde nunca debeu saír, é dicir, como un centro hospitalario complementario e non sustitutivo, as cousas poden comezar a cambiar en beneficio d@s usuari@s de toda a Área Sanitaria de Vigo. Este cambio de orientación exclúe totalmente as políticas do Partido Popular.

Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Mi lista de blogs
C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!
100% público
POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com.
Webs adheridos
Kiko da Silva
Plataformas de Galicia
- SOS Sanidade Pública
- Plataforma Contra a Privatización - Pontevedra
- Plataforma en defensa da Sanidade Pública - Área do Ferrol
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Marín
- Asociación Pro Sanidade Digna de Ourense
Sindicatos da sanidade
Publicacións
Alianza Social do Morrazo

0 comentarios: