21 ago 2013
As consultas telefónicas implantadas polo SERGAS serven para recortar
Ante a información de que o SERGAS vai poñer en marcha a posibilidade de realizar consultas de atención sanitaria por medio do teléfono a todos os pacientes no momento en que solicitaban unha consulta a Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública quere comunicar:
- Consideramos positiva calquera medida que mellore a accesibilidade dos cidadáns aos servizos sanitarios
- A consulta telefónica fai anos que se está desenvolvendo en centro de atención primaria por iniciativa dos propios profesionais
- Con todo tralas políticas de recorte e redución de recursos posta en práctica polo SERGAS coa escusa da crise (deixáronse de crear 198 prazas de medicos de familia, 385 de enfermeria, 66 novos centros de saúde, o 60% do investimento previsto en equipamento dos centros, non se cume as baixas por xubilación nin hai substitucións por vacacións, por poñer algúns exemplos) queremos realizar algunhas consideracións e alertas para evitar posibles efectos negativos:
- A chamada debe realizarse a través dun teléfono gratuíto, e non dun 902 , xa que supoñería introducir un novo copago na atención sanitaria.
- Tampouco as chamadas deberán ser a cargo dás empresas concesionarias que traballan para a Xunta e que están facendo un gran negocio con diñeiro públicos (nalgúns casos con intereses cruzados con persoas vinculadas á administración)
- Deixar claro que as chamadas deben circunscribirse a para temas concretos como aclarar dúbidas, completar información, comentar síntomas, etc. A gran maioría dos actos de saúde necesitan a presenza do paciente para ser visto, interrogado e explorado/a por o médico/a, a realización de probas complementarias etc.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Mi lista de blogs
C. de Saúde do Hío, XA!

Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!
100% público

POVI$A: listas de espera

Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com.
Webs adheridos
Kiko da Silva

Plataformas de Galicia
- SOS Sanidade Pública
- Plataforma Contra a Privatización - Pontevedra
- Plataforma en defensa da Sanidade Pública - Área do Ferrol
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Marín
- Asociación Pro Sanidade Digna de Ourense
Sindicatos da sanidade
Publicacións
Alianza Social do Morrazo

0 comentarios: