11 abr 2011
Información á cidadanía sobre a reforma do transporte sanitario
Os Sindicatos CC.OO., C.I.G. e U.G.T. diríxense a vostedes para denunciar publicamente, de novo, os recortes que vai facer a Consellería de Sanidade no sector das ambulancias.
Entre outras cousas pretende facer o seguinte:
Os tres Sindicatos pedimos en varias ocasións (dende hai mais dun ano) ser recibidos pola Consellería para que nos explique todo isto, sen que nos contestara. Non sabemos se é que non sabe para donde quere ir ou se é que o sabe perfectamente, pero quere ocultalo ata despois das eleccións.
As medidas que pretende por en marcha a Consellería supoñen unha diminución dos servicios sanitarios á cidadanía e un recorte de persoal de aproximadamente un terzo.
As asembleas de traballadores realizadas deron a sua aprobación ao calendario proposto polos Sindicatos e que significará que, despois do traballo informativo entre a cidadanía e outras movilizacións, o sector estará disposto a chegar a unha folga.
Entre outras cousas pretende facer o seguinte:
- Deixar as ambulancias medicalizadas sen técnico-axudante. Antes a dotación era de catro persoas e agora serán tres.
- Deixar as ambulancias de nova creación (sanitarizadas e 4x4) sen técnico-axudante.
- Suprimir bases do 061 ou suprimir o turno de noite.
- Facer servicios sanitarios (dialise, por exemplo) nos autobuses do 065, que non están acondicionados nin o persoal formado para esa laboura.
- Facer desaparecer a obriga de pago da ambulancia por parte do Sergas.
- Diminuir os servizos das ambulancias, desaparecendo o transporte sanitario universal. Asumiriamos as disposicións de contidos mínimos da lexislación estatal, renunciando as melloras existentes en Galicia, convertíndonos na Autonomía máis precaria en transporte sanitario.
Os tres Sindicatos pedimos en varias ocasións (dende hai mais dun ano) ser recibidos pola Consellería para que nos explique todo isto, sen que nos contestara. Non sabemos se é que non sabe para donde quere ir ou se é que o sabe perfectamente, pero quere ocultalo ata despois das eleccións.
As medidas que pretende por en marcha a Consellería supoñen unha diminución dos servicios sanitarios á cidadanía e un recorte de persoal de aproximadamente un terzo.
As asembleas de traballadores realizadas deron a sua aprobación ao calendario proposto polos Sindicatos e que significará que, despois do traballo informativo entre a cidadanía e outras movilizacións, o sector estará disposto a chegar a unha folga.

Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Mi lista de blogs
C. de Saúde do Hío, XA!

Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!
100% público

POVI$A: listas de espera

Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com.
Webs adheridos
Kiko da Silva

Plataformas de Galicia
- SOS Sanidade Pública
- Plataforma Contra a Privatización - Pontevedra
- Plataforma en defensa da Sanidade Pública - Área do Ferrol
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Marín
- Asociación Pro Sanidade Digna de Ourense
Sindicatos da sanidade
Publicacións
Alianza Social do Morrazo

0 comentarios: