14 abr 2011
Manifesto de alcaldes e concelleiros da área sanitaria de Vigo contra a privatización do novo hospital
POLO NOVO HOSPITAL PUBLICO DE VIGO.
CONTRA O SEU RECORTE E REDUCCIÓN.
CONTRA A SÚA PRIVATIZACION
CONTRA O SEU RECORTE E REDUCCIÓN.
CONTRA A SÚA PRIVATIZACION
Dende fai moitos anos a Área sanitaria de Vigo, foi escenario da posta en funcionamento de diversas experiencias de privatización, de servizos sanitarios e de penetración empresarial privada nos servizos públicos. Trátase de unha política favorecida polas minguantes inversións en dotacións de Atención Primaria e notablemente pola falta da adecuación dos hospitais, configurando así unha intolerable discriminación da nosa cidadanía no acceso a unha atención sanitaria de calidade, similar a que teñen outras áreas sanitarias.
SI OS DEIXAMOS FACER, QUEDAMOS SIN FUTURO
O proxecto que lidera Feijoo promove un hospital de propiedade privada, mantén a fragmentación da área, complica a súa xestión ao dividir o hospital parte pública e privada, reduce o número de camas e a dimensión do edificio, elimina o módulo de investigación e docencia, mantén a dobre porta de urxencias, incrementa a separación entre centros e niveis asistenciais e mantén a Povisa como Hospital, cun sector de poboación, mediante un contrato de xestión de servizos de Atención Especializada de tipo capitativo. Ademais de todo iso, hipoteca gravemente o futuro da Sanidade Pública galega abrindo de maneira irreversible as portas a futuras formas de privatizala.
Animamos a cidadanía da comarca, aos concellos, institucións representativas e a todas as asociacións de todo tipo a esixir que se manteña o modelo de financiamento e xestión públicos do Novo Hospital de Vigo, sen recortes no Plan Funcional previamente deseñado nin no dimensionamento do edificio.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Mi lista de blogs
C. de Saúde do Hío, XA!

Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!
100% público

POVI$A: listas de espera

Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com.
Webs adheridos
Kiko da Silva

Plataformas de Galicia
- SOS Sanidade Pública
- Plataforma Contra a Privatización - Pontevedra
- Plataforma en defensa da Sanidade Pública - Área do Ferrol
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Marín
- Asociación Pro Sanidade Digna de Ourense
Sindicatos da sanidade
Publicacións
Alianza Social do Morrazo

0 comentarios: