21 ene 2011

postheadericon Nota de prensa: Seguen a medrar as listas de espera en POVISA

Os datos feitos públicos o pasado mércores pola Conselleira de Sanidade sobre as listas de espera cirúrxica, poñen de manifesto o incremento do tempo de espera medio no hospital privado POVISA por cuarto trimestre consecutivo. Rematado o ano 2010 os resultados empeoran a ollos vista, situándose en 140,7 días de espera media, fronte aos 104,4 días do último trimestre de 2009. Suliñar, ademáis, que en POVISA tardouse por termo medio case 65 días máis en ser atendidos para unha intervención cirúrxica que no resto dos hospitais públicos de Galicia. Con respecto ao CHUVI de Vigo esta diferencia incrementouse en 74 días.

Engadir, ademáis, que aínda que os datos sobre as listas de espera para consultas externas e probas diagnósticas a Consellería non os fai públicos por centros, a Plataforma, na recollida de queixas dos usuarios e das usuarias de Cangas realizada no pasado outono, puido constatar que os resultados non son mellores que para as listas de espera cirúrxica.
A preocupación por tales resultados faise maior diante da desafortunadísima saída  da Sra. Conselleira cando nos tenta vender unha avaliación global positiva "sen ter en conta POVISA", lapsus que revela que para a administración a situación que padecemos os veciños e as veciñas de Cangas parece ser un caso aparte que non se ten en conta á hora de buscar solucións.
Desde a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Cangas queremos trasladarlle aos nosos gobernantes a mensaxe de que non temos a máis mínima intención de resignarnos a que esta situación de marxinación crónica se eternice, polo que demandamos a adopción de medidas inmediatas e estratéxicas que permitan a incorporación da poboación asignada a POVISA ao sistema hospitalario público. Os usuarios e as usuarias do Morrazo non poden ser reféns de POVISA para que esta empresa privada siga engordando a súa carteira de negocio con plans millonarios para a redución das listas de espera como se veu facendo en exercicios anteriores sin solucionar nada.
Desde a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Cangas cremos que é o momento de que se reconsideren algunhas medidas altamente negativas tomadas pola actual administración autonómica como é a reducción das capacidades do Novo Hospital de Vigo sobre o previsto no proxecto inicial. A pregoada liberdade de elección de hospital sóanos a canto de serea para ocultar a ausencia de medidas efectivas para resolver tanto o problema das listas de espera como outras carencias que nos discriminan en relación ao resto da poboación da nosa mesma Área Sanitaria.
Por último, queremos lembrarlle á Conselleira de Sanidade que seguimos á espera dunha resposta á solicitude que fixemos o pasado mes de outubro de manter unha entrevista para falar, entre outros temas, das grandes listas de espera en POVISA. Os veciños e as veciñas de Cangas consideramos que nos merecemos unha explicación sobre un problema que nos afecta moi directamente e non aceptamos que non se nos teña en conta para nada, mentres se negocia un novo Concerto con POVISA onde o único interlocutor é o interese privado que se lucra a conta da nosa saúde.
Cangas, 21 de xaneiro de 2011

0 comentarios:

SOS Sanidade Pública

C. de Saúde do Hío, XA!

C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!

Polo CAR para o Morrazo

Redes sociais

Síguenos

100% público

100% público

POVI$A: listas de espera

POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com
.

Informe POVISA

Kiko da Silva

Kiko da Silva

Alianza Social do Morrazo

Alianza Social do Morrazo

Páxinas vistas

Powered By Blogger