17 oct 2010

postheadericon A AGDSP pronúnciase sobre a licitación dos centros de saúde

A Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública ante o anuncio da Conselleira de licitar antes de fin de ano 19 centros de saúde recorrendo ao financiamento privado quere comunicar:
  1. Que se intenta de maquillar a privatización dos Centros de Saúde recorrendo ao subterfugio de denominar esta fórmula como pago por dispoñibilidade.
  2. Que a Conselleira mente cando afirma que esta fórmula non incrementará a débeda pública porque non aparecerá reflectida nos orzamentos no capítulo de investimentos, xa que se pagará con cargo ao de gasto corrente.
  3. Isto, ademais dun insulto á intelixencia dos galegos, oculta o feito de que recorrer ao financiamento privado propiciará que o endebedamento sanitario de Galicia multiplíquese por seis (para facilitar as ganancias millonarias aos consorcios sanitarios afíns ao PP que se están apoderando dos servizos sanitarios das CCAA onde goberna).
  4. O que os consorcios privados, ademais de redactar o proxecto e executar as obras dos Centros de Saúde, asuman a conservación das instalacións e a reposición dos equipamentos durante 20 anos, suporá un risco para os usuarios dos mesmos xa que está demostrado que para maximizar as súas ganancias as empresas adxudicatarias realizan aforros nestes capítulos (limpeza, seguridade, mantemento, xestión enerxética, xestión de residuos e labores de desinfección, desinsectación e desratización), pondo en risco a seguridade e a saúde dos usuarios dos centros sanitarios.
  5. As adxudicatarias asumirán ademais a explotación comercial dos centros de saúde transformándoos nunha especie de galerías comerciais ou mercadillos, desvirtuando a súa función sanitaria.
Por todo iso desde a AGDSP consideramos escandaloso que se abandonou o Plan de Mellora de AP, elaborado consensuadamente por todas as organizacións do sector e que pretendía acabar coa falta de recursos, a burocracia e a baixa capacidade resolutiva, para acabar privatizando os centros de saúde transformándoos en mercadillos.

0 comentarios:

SOS Sanidade Pública

C. de Saúde do Hío, XA!

C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!

Polo CAR para o Morrazo

Redes sociais

Síguenos

100% público

100% público

POVI$A: listas de espera

POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com
.

Informe POVISA

Kiko da Silva

Kiko da Silva

Alianza Social do Morrazo

Alianza Social do Morrazo

Páxinas vistas

Powered By Blogger