18 oct 2010

postheadericon Solicitude de entrevista coa Conselleira de Sanidade

Excmª. Sra. Conselleira de Sanidade da Xunta de Galicia:
Os abaixo asinantes, membros da Comisión Xestora da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Cangas, con domicilio a efectos de notificación no apto. de correos 146 de Cangas, dirixímonos a vostede para solicitarlle unha entrevista urxente co obxecto de recabar información e trasladarlle a nosa precupación, que nos consta é compartida por boa parte dos veciños e veciñas da nosa vila, sobre:
  1. As grandes listas de espera en Povisa.
  2. Cando e como se articulará a posibilidade anunciada por vostede sobre a "libre elección do cidadán" referido ao hospital de referencia.
  3. As datas de licitación do Centro de Saúde de O Hío.
  4. O anunciado C.A.R. (Centro de Alta Resolución) para o Morrazo en relación a ubicación, área de influencia, previsión para a súa entrada en funcionamento, etc.
Sen outro particular e agardando a súa resposta na maior brevidade posible, aproveitamos a ocasión para expresarlle os nosos máis sinceros desexos de saúde e sorte.

Cangas, 18 de outubro de 2.010

0 comentarios:

SOS Sanidade Pública

C. de Saúde do Hío, XA!

C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!

Polo CAR para o Morrazo

Redes sociais

Síguenos

100% público

100% público

POVI$A: listas de espera

POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com
.

Informe POVISA

Kiko da Silva

Kiko da Silva

Alianza Social do Morrazo

Alianza Social do Morrazo

Páxinas vistas

Powered By Blogger