12 mar 2012

postheadericon CAR do Morrazo: un proxecto paralizado

Na Sesión Plenaria do Concello de Cangas de 7 de outubro de 2.011 tratouse unha moción sobre o CAR do Morrazo, previa solicitude da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Cangas (1). Apoiada a iniciativa por varios grupos foi rexeitada, aprobándose, finalmente, unha proposta do Sr. Alcalde que textualmente dicía: “o Concello de Cangas, proporá, segundo as condicións que marque a Consellería de Sanidade, un terreo que cúmpra cos requisitos necesarios para situar o C.A.R.”.
Tras a visita da Subdirectora de Infraestruturas do SERGAS para avaliar a idoneidade da parcela de Altamira algúns días despois, pasaron cinco meses sen que se volvese a falar do tema por parte do goberno municipal de Cangas. Esta situación de parálise preocúpanos especialmente, pois:
  • o 9 de novembro o Sr. Arrojo, Director Xeral de Recursos Económicos do SERGAS, na Comisión 5ª do Parlamento de Galicia dixo que era necesaria unha parcela duns 10.000 m2
  • o 17 de febreiro, na contestación dada no Parlamento de Galicia a unha petición do documento que debería conter o Plan Funcional do Centro (2), comprobamos que na “folla” que remitiu a Consellería específicase como necesarios 3.455m2 de superficie construída
Estes dimensionamentos non casan coa alternativa de situar o CAR do Morrazo nunha posible parcela dotacional da UA-5 (Altamira), pois os 2.183,44 m2 desta ubicación están moi lonxe dos requisitos mínimos esixidos pola propia Consellería. Nin punto de comparación coa óptima localización e cos 20.000 m2 de parcela e 3.650 m2 de superficie construída que ofrece a alternativa da Rúa, en Cangas, para a cal xa se fixera un informe do SERGAS elaborado conxuntamente co Concello en 2.008 (3). E se falamos do outro proxecto tamén paralizado, o de Lalín, supera aínda máis estas espectativas, pois segundo podemos comprobar na páxina web do SERGAS (4) estímase como superficie necesaria 3.775 m2 só para o seu Centro de Alta Resolución.
Por outra banda, a alarmante pasividade da Consellería non sabemos se interpretala como un desmarque a respecto da alternativa de ubicar o CAR do Morrazo en Altamira, pegado á tapia do cemiterio, ou como o abandono definitivo deste proxecto, malia os compromisos reiteradamente feitos públicos en sentido contrario.
Chegados a este punto, desde a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Cangas consideramos imprescindible e urxente darlle un novo impulso á construción do CAR, reconsiderando unha dirección que nos leva por unha vía morta. Polo tanto, ao noso entender, para avanzar e facer que canto antes sexa unha realidade, pedimos que se considere:
  1. Retomar e promover desde o Concello o esquecido proxecto de A Rúa, abandonando definitivamene a opción de Altamira.
  2. Solicitar á Xunta que asuma a súa construción, como no caso do Novo Hospital de Vigo, mediante un proxecto sectorial de incidencia supramunicipal.
 Cangas, 7 de marzo de 2.012


(1) Análise e posicionamento sobre o Centro de Alta Resolución de O Morrazo
(2) CENTRO DE ALTA RESOLUCIÓN DE CANGAS. Plan Funcional/Carteira de Servizos
(3) Informe terreos. Centro de Alta Resolución en Cangas
(4) Sanidade investirá 11 millóns de euros na construción do CAR, Centro de Saúde e PAC de Lalín



A Plataforma da Sanidade insta a retomar o proxecto do CAR en fincas da Rúa
Publicado en Faro de Vigo

0 comentarios:

SOS Sanidade Pública

C. de Saúde do Hío, XA!

C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!

Polo CAR para o Morrazo

Redes sociais

Síguenos

100% público

100% público

POVI$A: listas de espera

POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com
.

Informe POVISA

Kiko da Silva

Kiko da Silva

Alianza Social do Morrazo

Alianza Social do Morrazo

Páxinas vistas

Powered By Blogger