9 mar 2012

postheadericon O BNG pregunta no Parlamento pola anunciada ampliación de POVISA

Á Mesa do Parlamento
Ana Luisa Bouza Santiago, María do Carme Adan Villamarín e Henrique Viéitez Alonso, deputadas e deputado do Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), ao abeiro do Regulamento da Cámara, presentan a seguinte Pregunta, para a súa resposta oral en Comisión, sobre as previsións do Goberno galego para o novo acordo que se está a negociar con POVISA para a atención sanitaria na Area sanitaria de Vigo.

Vense de coñecer, polos medios de comunicación, as intencións da empresa POVISA de realizar unha importante ampliación das súas instalacións polas condicións de renovación do Concerto Singular co SERGAS que está a negociar, parece ser, por 10 anos. Estas declaracións da empresa eran confirmadas por un cargo político do PP en Vigo.
A Conselleira de Sanidade, interpelada en Pleno, non respostou á demanda de información sobre este tema realizada polo BNG.
De ser certas estas informacións supoñerían o recoñecemento da reconsideración do proxecto do novo hospital de Vigo; ben porque non consideran que poida estar funcionando antes de dez anos e, por tanto, precisan cobertura asistencial privada até esa data; ben porque trasladan directamente á xestión privada os recortes sobre os servizos planificados inicialmente para o novo hospital, como veñen denunciando profesionais da sanidade pública da área de Vigo. A plataforma de defensa da sanidade pública alerta da probabilidade de que incluso se poda ver reducida a capacidade cirúrxica do CHUVI.
Hai que lembrar que as listas de espera de POVISA superan con moito a media da espera cirúrxica galega e que a Consellería modificou a información das listas para ofrecela separadamente.
O Goberno galego débelle dicir a verdade á cidadanía da Area de Vigo e explicar cal é o seu proxecto de atención sanitaria e como encaixa nese proxecto o convenio con POVISA. Por este motivo, o Grupo parlamentar do BNG formula as seguintes Preguntas para a súa resposta oral en Comisión:
1.- Está o Goberno galego negociando un novo Concerto Singular con POVISA?
2.- Para que prazo de tempo se asinará o Concerto?
3.- Haberá poboación adscrita a POVISA? Con qué criterio?
4.- Supoñerá este novo Concerto unha ampliación das instalacións de POVISA?
5.- Existe algunha modificación sobre o número de camas e servizos comprometidos pola Conselleira de Sanidade no Pleno do Parlamento Galego para o novo Hospital de Vigo?
6.- Cal é a previsión de custo anual para as arcas públicas do novo Concerto?
7.- Introducirá algún tipo de copago para a poboación adscrita a POVISA?
8.- Asumirá POVISA, polo novo Concerto, algún servizo que até o de agora non prestaba?
9.- Asumirá POVISA a obriga de informar sobre a espera en consultas, probas e cirurxía que agora non fai?
Santiago de Compostela, 8 de marzo de 2012.

0 comentarios:

SOS Sanidade Pública

C. de Saúde do Hío, XA!

C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!

Polo CAR para o Morrazo

Redes sociais

Síguenos

100% público

100% público

POVI$A: listas de espera

POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com
.

Informe POVISA

Kiko da Silva

Kiko da Silva

Alianza Social do Morrazo

Alianza Social do Morrazo

Páxinas vistas

Powered By Blogger