4 may 2016
#EnPrimicia: Presentación en Cangas do libro "Hospital Álvaro Cunqueiro, a grande estafa"

Evento organizado pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de
Cangas, no que teremos o pracer de contar entre os relatores co ex-fiscal Superior de Galicia, D. Carlos
Varela García, “Fillo adoptivo de Cangas” dende o 27 de xuño de 2009;
título que o Concello lle outorgaba pola súa defensa do uso do galego no ámbito
xudicial, sendo o actual Alcalde concelleiro de Cultura. Un cartel de luxo que se
completa con:
- Pablo Vaamonde García (coordinador do libro): Especialista en Medicina Familiar e Comunitaria. Foi Director xeral de Asistencia Sanitaria do Servizo Gallego de Saúde (Sergas). Traballa como médico de familia no Centro de Saúde de Labañou (A Coruña).
- María Luísa Lores Aguín (co-autora): Especialista en Radioloxía. Médica e membro da Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública (AGDSP). Traballa como radióloga do Complexo Hospitalario de Pontevedra.
- Manuel Martín García (co-autor): Especialista en Medicina Familiar e Comunitaria. Portavoz de SOS Sanidade Pública e presidente da Federación de Asociacións para a Defensa da Sanidade Pública (FADSP). Traballa como médico de familia en Marín (Pontevedra).
Este libro, que a Sra. Rocío Mosquera (ex-conselleira de Sanidade) non dubidaría en denostar, tal e como tentou facer cos organizadores da histórica manifestación do 03 de setembro de 2015, non só é un relato cronolóxico do acontecido, senón que nos esclarece a que responden as actuacións políticas levadas a cabo polo goberno do Partido Popular, que están moi lonxe de protexer os intereses da cidadanía. Esta estratexia político-financeira ven de lonxe e hoxe estamos a sofrer as súas consecuencias, que poderán ser irreparables se non facemos o imposible por parar este afán privatizador e destructor da sanidade pública.
A comercialización da saúde
O hospital Álvaro Cunqueiro: a
grande estafa
(Edicións Laiovento, 2016)
Autores
-Jesús Araujo Nores. Especialista en ORL
no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo. Membro da Asociación Galega para a
Defensa da Sanidade Pública.
-Antón Beiras Cal. Economista, asesor
fiscal e avogado. Redactor da denuncia sobre as irregularidades no Hospital
Álvaro Cunqueiro de Vigo, presentada ante a Comisión Europea en representación
da Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública.
-Angel Cameselle Corbacho. Presidente da Xunta
de Persoal do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo
-María Luísa Lores Aguín. Especialista en
Radioloxía Médica e membro da Asociación Galega para a Defensa da Sanidade
Pública (AGDSP). Traballa como radióloga do Complexo Hospitalario de
Pontevedra.
-Manuel Martín García. Especialista en
Medicina Familiar e Comunitaria. Portavoz de SOS Sanidade Pública e presidente
da Federación de Asociacións para a Defensa da Sanidade Pública (FADSP).
Traballa como médico de familia en Marín (Pontevedra).
-Marciano Sánchez Bayle. Médico pediatra.
Director do Observatorio de Políticas de Salud, presidente da International Association of Health Policy
e portavoz da Federación de Asociacións para a Defensa da Sanidade Pública
(FADSP). Traballa como pediatra en
Madrid.
-José Emilio Santiago Nieto. Especialista
en Medicina Familiar e Comunitaria. Foi Director Provincial do Sergas de
Pontevedra. Traballa como médico de familia no Centro de Saúde de Redondela.
-Pablo Vaamonde García
(coordinador). Especialista en Medicina Familiar e Comunitaria. Foi Director xeral de
Asistencia Sanitaria do Servizo Gallego de Saúde (Sergas). Traballa como médico
de familia no Centro de Saúde de Labañou (A Coruña).
Índice
Prólogo: Galicia, un exemplo do malo e do bo para a Sanidade pública
(Marciano Sánchez-Bayle)
1. O novo hospital de Vigo: a grande estafa (Pablo Vaamonde García)
4. Informe dramático sobre a Sanidade galega (Pablo Vaamonde García,
Manuel Martín García)
5. Endebedamento sanitario e privatización da sanidade galega (Manuel
Martín García)
7. O novo hospital visto desde dentro. O relato dos profesionais (Ángel Cameselle Corbacho)
8. O novo hospital de Vigo: proposta estratéxica para os servizos
sanitarios de Vigo. (Manuel Martín García, José Emilio Santiago Nieto, Jesús
Araújo Nores)
9. Anexos:
- Denuncia ante a Comisión
Europea, presentada por Antón Beiras Cal en representación da Asociación Galega
para a Defensa da Sanidade Pública.
- Entrevista con Manuel
González Moreira (Pablo Vaamonde García)
Fragmento do prólogo, escrito
por Marciano Sánchez-Bayle
En Galicia tense fraguado un
amplísimo movemento social e profesional en defensa da Sanidade pública e
contra das privatizacións que ten amosado unha grande capacidade mobilizadora
con éxitos moi notables. Coido que paga a pena deterse a examinar o que se ten
feito. En primeiro lugar logrouse articular unha alianza permanente de
organizacións sociais, profesionais, sindicais, políticas, concellos, etc.,
dunha composición variable en cada sitio concreto, en torno á defensa da
Sanidade. As plataformas en defensa da Sanidade pública estiveron inicialmente
focalizadas en problemas moi concretos (loita contra das fundacións e Medtec),
mais posteriormente estendéronse por toda Galicia e tomaron o nome de SOS Sanidade Pública, que acolle a máis
de vinte plataformas que cobren todo o territorio e que son un exemplo de como
é posible articular un acordo de maioría social, sen sectarismos, respectando a
pluralidade das organizacións políticas, sociais e sindicais arredor de
cuestións concretas e que son fundamentais para a vida social.
A
segunda cuestión que me interesa destacar ten que ver co traballo de fondo, a
elaboración de análises en profundidade da situación sanitaria e de propostas
concretas para afrontar os problemas da sanidade. Podemos citar o traballo “Revisan 2000: Informe acerca dos recursos
sanitarios da Área de Vigo”, a proposta presentada pola plataforma de Vigo
e a Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública (AGDSP) respecto ao
novo hospital de Vigo, elaborada xa no ano 2001 e que, por desgraza, foi
desatendida pola Xunta de Núñez Feijoo cos perversos resultados que hoxe
coñecemos. Neste aspecto tamén convén
resaltar as publicacións científicas analizando a situación que están
recollidas en Salud 2000, en Cadernos de Atención Primaria e que
mesmo tiveron repercusión internacional como na publicación no Journal of Public Health Policy en 2001. A AGDSP fixo as
únicas avaliacións independentes realizadas sobre o funcionamento das
fundacións (publicadas por Gaceta Sanitaria ou Fundación Alternativas).
Debemos
destacar a publicación de varios libros como “A saúde como negocio” (2012) que continuou en castelán -“La salud como negocio” (2014)-, e segue
agora con este libro que presentamos: “A comercialización da saúde”
(Laiovento, 2016). Tamén participaron
autores galegos noutros libros como “La
contrarreforma sanitaria” e “La
Sanidad no se vende”. En fin, que o labor de divulgación, de análises e de
propostas viñeron da man co labor organizativo e de mobilización social e
profesional.
Marciano
Sánchez Bayle. Médico pediatra.
Director do Observatorio de Políticas de Saúde, presidente da International
Association of Health Policy e portavoz da Federación de Asociacións para a
Defensa da Sanidade Pública (FADSP). Traballa como pediatra en Madrid.
CONTRACAPA DO LIBRO “A COMERCIALIZACIÓN DA SAÚDE”.
Este
libro analiza con detalle a situación a que se chegou co desastre do novo
hospital de Vigo e sitúa este relato no contexto galego, estatal e
internacional. Os seus autores son persoas con gran compromiso social e
recoñecidos coñecementos e experiencia sobre o tema. Tamén aportan e propoñen
alternativas para dar saída á problemática creada con este proxecto cheo de
irregularidades. É un libro excelente que nos incita a todos a seguir loitando e
traballando polo dereito á saúde e para que os intereses da poboación
prevalezan sobre os das multinacionais, dos especuladores e das tramas que
queren facer negocio e lucrarse de forma indecente a expensas dos orzamentos públicos,
mesmo poñendo en risco a continuidade do actual sistema sanitario.
Marciano
Sánchez-Bayle
Os recortes e as medidas
destinadas ao desmantelamento e privatización da Sanidade pública foron a norma
nos catro anos de mandato do PP. Só se moderaron, en parte, polo amplo
rexeitamento social e profesional que se produciu case desde o primeiro
momento. Durante estes anos producíronse as maiores mobilizacións coñecidas en
defensa da Sanidade pública estendidas por toda a xeografía do país.
Manuel
Martín García
Non todo está perdido: as
plataformas de defensa da sanidade pública teñen conseguido grandes éxitos.
Mais o único que pode salvar os dereitos conseguidos e restaurar o Estado de
benestar é un goberno de progreso que defenda a sanidade e os servizos públicos
e que procure desligarnos de calquera tratado internacional antidemocrático
(TTIP/TISA ou similar).
María
Luísa Lores Aguín
Os cidadáns non poderán
esquecer que, por decisións políticas e por afán de lucro, os dirixentes do PP
están a poñer en risco a saúde colectiva, ademais de deixar unha severa
hipoteca para o futuro da sanidade pública galega. Este hospital, que Núñez
Feijoo presentou como o gran proxecto do seu mandato presidencial, deixa ver ás
claras o que é na realidade: unha gran estafa.
Pablo Vaamonde García

Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Mi lista de blogs
C. de Saúde do Hío, XA!

Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!
100% público

POVI$A: listas de espera

Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com.
Kiko da Silva

Plataformas de Galicia
- SOS Sanidade Pública
- Plataforma Contra a Privatización - Pontevedra
- Plataforma en defensa da Sanidade Pública - Área do Ferrol
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Marín
- Asociación Pro Sanidade Digna de Ourense
Sindicatos da sanidade
Publicacións
Alianza Social do Morrazo

Contacto
Páxinas vistas
0 comentarios: