3 may 2016
L. Senra: "É vergoñento e indignante que responsábeis sanitarios estean a xogar ca saúde das mulleres"
AGEe trasladou á Comisión Europea a situación de
discriminación na atención médica que están a sufrir mulleres da área sanitaria
viguesa
Bruxelas, 02 Maio 2016. O
cancro de mama é a día de hoxe o máis presente na sociedade europea, chegando a
abarcar o 13,8% do total dos casos. Este é tamén o cancro máis
frecuente entre as propias mulleres, acadando taxas de até o 30%. Porén, a taxa de mortalidade está no 7.2%,
o cal é mostra evidente da importancia da detección precoz e o seu correcto
tratamento.
Conscientes
destas posibilidades, no ano
2003 o Parlamento Europeo aprobou o Informe
sobre o cancro de mama na Unión Europea, que pide
especificamente aos Estados "que
toda muller que padeza cancro de mama teña dereito a ser tratada por un equipo
multidisciplinar", instándoos a establecer "unha rede global de
centros certificados e multidisciplinares de mastoloxía".
Un dos
principais motivos polo cal o Parlamento decidiu elaborar este informe foi
precisamente porque resultaban inaceptábel as diverxencias existentes de até o
16% na taxa de supervivencia ao cancro de mama en función do Estado onde
viviras. "Trece
anos despois, atopámonos ca vergoñenta e esperpéntica situación de que, na
Galiza, actualmente esta discriminación estase a dar mesmo dentro das pacientes
dunha mesma área sanitaria", denunciou
a eurodeputada de Alternativa
Galega de Esquerda en Europa (AGEe), Lídia Senra.
A través da visita realizada pola plataforma SOS Sanidade
Pública o pasado mes de marzo ao Parlamento Europeo soubemos
que, dende comezos da década
dos '90, 139.00 habitantes da área sanitaria de Vigo foron asignados/as sen
consulta previa ao hospital privado Povisa S.A., ficando limitados a unha
atención deficitaria en comparación co resto de habitantes que integran esta
área.
Esta
situación está a conlevar unha gravísima
discriminación na atención sanitaria para máis de 73.000 mulleres que, ao estaren asignadas a un
hospital privado e menos servizos como é Povisa, non teñen acceso á Unidade
Multidisciplinaria implantada no Hospital Universitario de Vigo (Meixoeiro)
-seguindo as indicacións establecidas no citado Informe emitido polo PE no ano
2003-, como si teñen as demais mulleres desta área.
"É
indignante que máis de dez anos despois deste informe, haxa unha área
sanitaria que sega afondando nesta discriminación cando hai datos que sinalan
que, detectados precozmente, os cancros de mama son superados nun 90% dos
casos", criticou a eurodeputada galega.
"Debido
ao deterioro intencionado dos servizos públicos para acelerar a súa
privatización, e á introdución de criterios salvaxemente economicistas no eido
da saúde, a situación sanitaria no noso País está dando lugar a situacións
realmente aterradoras", lamentou a eurodeputada galega. "Mete
medo ver a xestión do Hospital Álvaro Cunqueiro e os 'trapicheos' do seu modelo
público-privada; mete medo a restrición de medicamentos como os da Hepatite C
simplemente porque a Xunta antes prefire aforrar cartos que mortos e mortas, e
agora tomamos consciencia tamén de situacións coma esta: que dependendo de se
vives uns kilómetros cara un lado ou cara o outro tes máis ou menos
posibilidades de curar un cancro de mama. É vergoñento e indignante que
responsábeis sanitarios estean a xogar ca saúde e, neste caso concreto, ca
saúde das mulleres"
Pregunta parlamentaria e Comisión de Peticións
Na procura da igualdade real no acceso á atención
sanitaria, que neste caso concreto implica que a Unidade Multidisciplinar do
Hospital Meixoeiro sexa a Unidade de referencia de todas as mulleres da Área
Sanitaria de Vigo -independentemente da localidade na que habiten ou cal sexa o
seu hospital de referencia-, en colaboración ca plataforma SOS Sanidade Pública
vimos de rexistrar unha pregunta
parlamentaria dirixida á Comisión Europea denunciando o incumplimento das
recomendacións da UE[4].
Paralelamente, acompañamos
á plataforma no proceso de rexistro desta denuncia na Comisión de Peticións do
Parlamento Europeo, realizado o pasado xoves 28 de abril. Asemade,
dende AGEe faremos seguimento exhaustivo da evolución desta petición ao longo
dos vindeiros meses.

Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Mi lista de blogs
C. de Saúde do Hío, XA!

Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!
100% público

POVI$A: listas de espera

Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com.
Kiko da Silva

Plataformas de Galicia
- SOS Sanidade Pública
- Plataforma Contra a Privatización - Pontevedra
- Plataforma en defensa da Sanidade Pública - Área do Ferrol
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Marín
- Asociación Pro Sanidade Digna de Ourense
Sindicatos da sanidade
Publicacións
Alianza Social do Morrazo

Contacto
Páxinas vistas
0 comentarios: