12 nov 2015
No Morrazo, nin un paso atrás na defensa da sanidade pública
Na reunión mantida esta tarde en Moaña, as plataformas da Sanidade Pública de Cangas e Moaña e a Voz do Paciente de Bueu veñen de acordar un manifesto no que queda reflexada a unidade dos tres Concellos na defensa dun dos pilares básicos do noso "maltratado" estado de benestar.
Animamos ás institucións públicas locáis e comarcáis, así como a tódalas entidades cívicas do Morrazo, partidos políticos e sindicatos á súa adhesión.
MANIFESTO
O pasado ano a veciñanza do
Morrazo, xunto cos municipios de Baiona, Nigrán, Gondomar e parte da poboación
de Vigo asignada ao hospital privado Povisa S.A, deron un paso histórico. Un
total de 5.000 usuarios/as, voluntariamente, optaron polo cambio á Sanidade Pública. Foi un importante número de
usuarios/as -sendo máis de 3.000 do Morrazo- que nin o escurantismo do Concerto
nin as penalizacións coactivas por parte
da Adminisración (pérdida das lista de espera tanto para probas e consultas de
especialistas como para operacións quirúrxicas) amendrentraron aos usuarios/as
que, por primeira vez despois de algo máis de 25 anos, poidemos elexir
libremente a sanidade que queremos recibir.
As Plataformas en Defensa da Sanidade Pública
de Cangas e de Moaña, sabedores de que a Instrución 7/ 2014 da Xerencia do
Servizo Galego de Saúde do 1 de
setembro, establece que o período anual de elección sería entre o 1 e o 30 de
novembro de cada ano de vixencia do Concerto firmado entre o Sergas e o
hospital privado Povisa S.A o pasado 1 de setembro, nos diriximos por carta ao
señor Xerente do EOXI de Vigo para
expoñer o noso rexeitamento a estas medidas penalizadoras que sufrimos o pasado
ano, coa finalide de que non volvan a repetirse na actulidade, posto que, ao
noso entender, non responden a ningún plantexamento médico que se coñeza e,
sobre todo, a ningunha medida baseada nin eficacia nin na rentabilidade. Lamentablemente,
esta petición a día de hoxe non foi
atendida pola Xerencia, obtendo un sepulcral silencio por resposta.
Neste ano, Povisa, S.A., ao non ter superado o
duro golpe que supuso que máis de 3.000 usuarios/as da comarca decidiran
voluntariamente pasarse á sanidade pública, está a levar a cabo unha brutal
campaña de marketing tanto en medios de comunicación, redes sociais, distribución de propaganda como “porta a porta” polos domicilios dos/as
usuarios/as ou nas propias instalacións de dita empresa, para recoller o maior
número de solicitudes posible.
Dende o Morrazo, consideramos que este é un
derroche de recursos materiais e humanos sen precedentes. Non recordamos unha
campaña mediática e económica tan
brutal, como a que estamos presenciando na Area Sanitaria de Vigo e sospeitamos
que o seu obxetivo non é outro que puramente mercantil para recuperar as 5.000 cartillas
que perdeu o pasado ano. Non podemos cuantificar exactamente o desembolso
ecónomico co que pretenden financiar esta campaña de acoso, mais desconfiamos
que sexa un importe semellante ao que deixou de ingresar polos/as 5.000
usuarios/as que deron o salto á sanidade pública.
Tamén reclamamos á Xunta de Galicia unha liña
de comunicación axeitada ás necesidades do Morrazo. Mantemos a nosa proposta
inicial da apertura dunha liña directa dende Cangas ao Hospital Álvaro
Cunqueiro así como unha mellora na sinalización por estrada.

As Plataformas de Cangas e Moaña e a Voz do
Paciente de Bueu pedimos á veciñanza do Morrazo que non dea nin un paso atrás
na defensa da Sanidade Pública. A presión dos profesionais sanitarios e a
cidadanía tórnase imprescindible para revertir a situación na que se encontra o
Hospital Álvaro Cunqueiro; queremos que sexa o hospital 100x100 público e de
calidade que á cidadanía da Área se merece. Por outra banda, tamén é necesario
confluir nunha gran masa social para poder esixirlle á Xunta de Galicia que habilite
unha partida presupostaria nos orzamentos do 2016 para dar solución, da única
maneira xusta e real, á construcción do Centro de Alta Resolución para o
Morrazo.
Solicitamos, tamén, aos nosos responsables
políticos municipais que se sumen e fagan un pronunciamento público en contra
do acoso mediático que está levando a cabo Povisa, así como un chamamento á
cidadania para animar a dar o salto á Sanidade Pública.
No Morrazo, 12 de novembro de 2015
Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de
Cangas
Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de
Moaña
A Voz do Paciente de Bueu

Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Mi lista de blogs
C. de Saúde do Hío, XA!

Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!
100% público

POVI$A: listas de espera

Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com.
Kiko da Silva

Plataformas de Galicia
- SOS Sanidade Pública
- Plataforma Contra a Privatización - Pontevedra
- Plataforma en defensa da Sanidade Pública - Área do Ferrol
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Marín
- Asociación Pro Sanidade Digna de Ourense
Sindicatos da sanidade
Publicacións
Alianza Social do Morrazo

Contacto
Páxinas vistas
100486
0 comentarios: