5 sept 2015
Somos a #MareaBranca: #QueremosSanidadePública

Non
queremos esquecernos das persoas que altruístamente colaboraron na
organización, sen elas non sería posible chegar tan lonxe, non sería posible
facer historia…
Unha experiencia que nos dá folgos
para seguir traballando na defensa dos nosos dereitos, na defensa dunha
sanidade 100% pública de tod@s e para tod@s.
Tra-la gran manifestación de onte, e perante as
declaracións feitas polo presidente da Xunta de Galicia, o Sr. Núñez Feijoo, na
que non dubida en menosprezar o sentir popular, atrevéndose a cuestionar a
legalidade desta manifestación e tentando amedrentar aos convocantes con
ameazas inútiles, nos indignamos ata o infinito e máis aló... Pedímoslle que
esté a altura do seu cargo, tome nota do acontecido onte nas rúas de Vigo e cumpra
coas súas responsabilidades como presidente de todos/as galegos/as, comezando
pola creación dun Gabinete de Crise coa participación
de técnicos da Conselleria, xefes de servizo, Xunta de Persoal e representantes
sociais, para evaluar os problemas e propoñer medidas para corrixir os enormes
fallos e deficiencias que presenta o Novo Centro.
Como presidente tamén é da súa responsabilidade
ter un equipo de goberno competente que vele polos intereses dos cidadáns e
cese de maneira inmediata á Conselleira de Sanidade, que demostrou unha
incapacidade total e absoluta para ostentar tal cargo. Non só pola súa nefasta
xestión na posta en marcha do Novo Hospital, senón en cada unha das súas
xestións como Conselleira, encamiñadas todas elas a beneficiar a empresas
privadas (nas que traballou ela mesma e/ou están a traballar na actualidade
familiares), sempre en detrimento da nosa sanidade pública, un dos pilares
básico do estado de benestar, maltratado –con todos e cada un dos recortes-
durante estes últimos anos de goberno do Partido Popular.
Para rematar, non queremos deixar de mencionar
aos gobernos municipais de Cangas e Moaña, que amosaron o seu apoio e foron
partícipes neste día histórico. A eles lles solicitamos que continuemos da mán
e traballemos xuntos pola defensa da sanidade.
Dende a Plataforma de Sanidade Pública de
Cangas creemos que é o momento de crear o comprometido Consello de Saúde (lugar
de encontro da institución local con representantes de usuarios e profesionáis
da asistencia sanitaria), para así poder encauzar as nosas reivindicacións
facéndoas chegar de xeito adecuado ás institucións que correspondan, sexan
autonómicas ou estatáis.
No Morrazo, a 04 de setembro
de 2015
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Mi lista de blogs
C. de Saúde do Hío, XA!

Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!
100% público

POVI$A: listas de espera

Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com.
Kiko da Silva

Plataformas de Galicia
- SOS Sanidade Pública
- Plataforma Contra a Privatización - Pontevedra
- Plataforma en defensa da Sanidade Pública - Área do Ferrol
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Marín
- Asociación Pro Sanidade Digna de Ourense
Sindicatos da sanidade
Publicacións
Alianza Social do Morrazo

Contacto
Páxinas vistas
0 comentarios: