31 ago 2015

postheadericon Recortes no Novo Hospital Vigo e propostas alternativas da AGDSP

Ante o escándalo da paralización do traslado de recursos ao Novo Hospital de Vigo, por problemas de seguridade para os pacientes, desde a Asociacion Galega para a Defensa dá Sanidade Pública queremos recordar que fai máis dun ano advertimos dos incumprimentos do contrato co SERGAS por parte das empresas concesionarias do Novo Hospital, que ademais de incrementos do gasto previsto e de atrasos na entrega da obra, implicaban unha gran redución na calidade e seguridade do centro.

 A nosa advertencia baseábase en información da propia administración sanitaria, que como se ve non se tivo en conta:

1.-A calidade do proxecto é inferior ao previsto no Proxecto Básico e de Execución. Se incumpre a oferta técnica presentada pola Concesionaria e o pliego de prescripcións técnicas, xa que non se alcanza a cualificación Enerxética “A”, nin a calidade construtiva dos acabados interiores e exteriores da edificación, nin as calidades prestacionais das instalacións, como son a habitabilidade e os desempeños en sustentabilidade medioambiental, que permiten determinar os estándares en base a valores límites establecidos para cada un destes, segundo a zona climática, tendo en conta a seguridade e durabilidade dos elementos estruturais e a súa resposta ante o paso do tempo.

2.- Os Modificados na obra: Recórtanse as superficies construídas previstas no Proxecto: 11.883 m2 na superficie útil;15.423 m2 na superficie construída; e 16.173 m2 na superficie de aparcamento. Estes recortes pretenden compensalos con outras superficies dispoñibles de escasa utilidade, incumprindo as condicións do Pliego.
Os custos de movementos de terra, cimentación e estruturas non se axustan ao Pliego, cos conseguintes desequilibrios orzamentarios na obra, derivando estes custos a recortes e aforros na calidade construtiva das prestacións e dos acabados do hospital.
Se incumpre o Proxecto Sectorial de Incidencia Supramunicipal, ao construírse parte das prazas de aparcamento en superficie, introducir variacións no sistema viario de acceso a urxencias e imputar a edificabilidade das instalacións a usos sanitarios (co conseguinte prexuízo para a administración que pagará o canon)

Se incumpren as condicións na tipoloxía da ponte de acceso principal e na urbanización dos espazos exteriores. Ademais cámbiase a tipoloxía das instalacións e non se incorporan as consideracións técnicas acordadas, especialmente as que inciden na actividade asistencial das áreas ambulatorias, hospitalarias e críticas (UCI, quirófanos, urxencias)

O importe da diminución da superficie hospitalaria e da calidade prestacional ascende a 30 millóns de euros (15,8% do total), o que debería terse en consideración no orzamento das obras.

En base a todo estes consideramos urxente:
1.- Paralizar o traslado de recursos ao novo hospital
2.- Realizar unha avaliación por técnicos da Consellería de Sanidade (sen presións políticas ou empresariais) dos problemas a resolver de xeito urxente para garantir a seguridade dos pacientes e a calidade da atención
3.- Iniciar un proceso para rescatar para o sistema público o Novo Hospital en base á vulneración da lexislación estatal e europea sobre contratos de colaboración público privada.

Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública (AGDSP)
31 /8/2015

As Plataformas Defensa Sanidade Pública de Cangas e Moaña dentro das actividades de apoio a manifestación por un hospital publico que dé resposta ás necesidades dos cidadáns da Area Sanitaria, na que nos atopamos milleiros de usuarios do Morrazo, fletará varios autobuses para facilitar o desprazamento ata a Praza de España, lugar de saída, e a recollida no entorno do Rectorado ao remate da manifestación.

Os autobuses farán o seguinte percorrido:

18,45.- Saída da Estación de Autobuses de Cangas.
19,00.- Parada na Praza de Abastos de Moaña (fronte a Orensana).

O lugar e hora da volta estableceránse no propio autobús.
O prezo é de 3 € ( Ida e Volta)

Os teléfonos para reservar praza son:

CANGAS
655 08 22 49
607 68 12 79

O HÍO
669 33 03 76

MOAÑA
661 53 86 56
687 87 08 64

0 comentarios:

SOS Sanidade Pública

C. de Saúde do Hío, XA!

C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!

Polo CAR para o Morrazo

Redes sociais

Síguenos

100% público

100% público

POVI$A: listas de espera

POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com
.

Informe POVISA

Kiko da Silva

Kiko da Silva

Alianza Social do Morrazo

Alianza Social do Morrazo

Páxinas vistas

Powered By Blogger