8 sept 2015
Refuxiados/as, benvidos/as á comarca do Morrazo
Somos un pobo solidario e esta traxedia humanitaria nos incumbe a todos e a todas
Conscientes da catástrofe humanitaria que se está a vivir nas fronteiras europeas, as Plataformas en Defensa da Sanidade Pública do Morrazo (Cangas, Bueu, e Moaña) vimos de presentar por rexistro, nos 3 concellos da comarca, un escrito no que, ademáis de poñernos a disposición dos nosos Concellos para que esta acollida sexa nas mellores condicións e respetuosa coa dignidade das persoas, solicitamos:
- Se adhiran á Rede de Cidades Refuxio, como xa fixeron máis de 55 cidades españolas (Barcelona, Madrid, Valencia ou A Coruña, entre outras) mobilizando tódolos recursos (institucionais e sociais) dispoñibles, ademáis de inmobles municipáis que reúnan as condicións para esta acollida.
- Facilite o rexistro de persoas que están dispostas á acollida (Rexistro xa anunciado polo Concello de Cangas que debe ser extensible ao resto de Concellos da comarca)
- Co fin de dinamizar e implicar á codadanía, se convoque con carácter URXENTE unha reunión con tódolas plataformas sociais, ONG’s, asociacións (veciñais, ANPAS, etc.) e calquera outra entidade cívica para colaborar e paliar esta situación extrema que se está a vivir en Europa.
Cartas remitidas aos Alcaldes e Alcaldesa de Bueu, Cangas e Moaña, respectivamente:
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Mi lista de blogs
C. de Saúde do Hío, XA!

Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!
100% público

POVI$A: listas de espera

Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com.
Kiko da Silva

Plataformas de Galicia
- SOS Sanidade Pública
- Plataforma Contra a Privatización - Pontevedra
- Plataforma en defensa da Sanidade Pública - Área do Ferrol
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Marín
- Asociación Pro Sanidade Digna de Ourense
Sindicatos da sanidade
Publicacións
Alianza Social do Morrazo

Contacto
Páxinas vistas
0 comentarios: