6 oct 2015
#QueremosSanidadePública: Manifesto
O pasado 21 de setembro tivo lugar en Vigo unha reunión convocada pola Xunta de Persoal da área sanitaria de Vigo, na que estiveron presentes representantes de Concellos, Grupos Parlamentares, asociacións de doentes, asociacións veciñais, asociacións de comerciantes, sindicatos e partidos políticos e na que se aprobou o manifesto en defensa da sanidade 100% pública e de calidade para a área sanitaria de Vigo
A Plataforma en Defensa da Sandidade Púlica de Cangas, a través da súa portavoz, Carmen Nores, presente na mencionada reunión, alzou a voz para que neste manifesto (ao que a Plataforma se adhire) fose tida en conta a situación de descriminación histórica que padece O Morrazo, conseguindo incluir neste texto as seguintes reivindicacións:
- Esixir que se planifique a reversión do concerto con Povisa e que a Sanidade pública preste servizo ao conxunto da cidadanía, asignando a Povisa o papel recollido no Acordo pola Sanidade do ano 2006.
- Esixir que se faga o Centro de Alta Resolución para o Morrazo, tal e como estaba previsto no proxecto inicial de reordenación da área sanitaria.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Mi lista de blogs
C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!
100% público
POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com.
Webs adheridos
Kiko da Silva
Plataformas de Galicia
- SOS Sanidade Pública
- Plataforma Contra a Privatización - Pontevedra
- Plataforma en defensa da Sanidade Pública - Área do Ferrol
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Marín
- Asociación Pro Sanidade Digna de Ourense
Sindicatos da sanidade
Publicacións
Alianza Social do Morrazo

0 comentarios: