28 ago 2015
Paralizacion traslado Novo Hosptal de Vigo
Ante a información de que o Sergas paralizou o traslado ao novo hospital de Beade e de que servizos como reanimación cardíaca, anestesia, urxencias, os quirófanos ou a propia UCI non entrarán en funcionamento nas próximas horas ou días como estaba previsto (algúns xefes de servizo están informando aos seus traballadores do atraso e que están realizando cambios na programación) desde a Asociación Galega para a Defensa dá Sanidade Pública queremos comunicar:
1.- Que esta situación é outra consecuencia negativa do modelo de colaboración público privada para a construción e financiamento do centro, chea de irregularidades legais, recortes nos recursos e présas políticas para abrir o centro. Como xa advertimos a xestión privada é infinitamente peor que a pública
2.- A paralización do traslado supón un novo atraso na entrada en funcionamento do Novo Hospital (que xa acumulaba un atraso de ano e medio sobre o previsto) polos problemas de financiamento que obrigaron ao Goberno Galego a garantir mediante financiamento público a viabilidade do proxecto, que por contrato debería ser da Concesionaria Privada
3.- Esta decisión, que parece baseada en deficiencias nas obras e equipamento do Novo Hospital, é a consecuencia da externalización da Oficina Técnica de Seguimento da obra a unha empresa privada (creada ad-hoc para a mesma e paga pola propia Concesionaria). Non se pode poñer ao lobo a coidar aos cordeiros.
3.- Dado que a supervisión da obra e do traslado é responsabilidade directa da empresa GALARIA, presidida pola Conselleira de Sanidade e que delegou nunha empresa privada, ante o sucesivo incremento da alarma social e as reaccións non só dos traballadores do novo hospital senón dos propios usuarios e a opinión pública do área sanitaria viguesa, desde a nosa Asociacion esiximos a dimisión inmediata da conselleira que non só traballa ao servizo dos intereses privados senón que ademais faio de xeito escandalosamente ineficiente.
Asociacion para a Defensa da Sanidade Publica
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Mi lista de blogs
C. de Saúde do Hío, XA!

Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!
100% público

POVI$A: listas de espera

Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com.
Kiko da Silva

Plataformas de Galicia
- SOS Sanidade Pública
- Plataforma Contra a Privatización - Pontevedra
- Plataforma en defensa da Sanidade Pública - Área do Ferrol
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Marín
- Asociación Pro Sanidade Digna de Ourense
Sindicatos da sanidade
Publicacións
Alianza Social do Morrazo

Contacto
Páxinas vistas
0 comentarios: