28 ago 2015
Gran manifestación contra a privatización da #SanidadePública na área sanitaria de Vigo
As Platoformas en Defensa da Sanidade
Pública de Cangas e Moaña, xunto coa Plataforma Pola Defensa da Sanidade
Pública de Vigo, na que se integran diferentes colectivos sociais e
sanitarios a organizacións de enfermos crónicos e discapacitados,
asociacións de usuarios da sanidade pública, colectivos de profesionais
sanitarios, asociacións de mulleres, sindicatos (CIG, CC.OO, UGT, Sindicatos de
Enfermeria, e Sindicatos Corparativos de Médicos) e Partidos Políticos
(PsdeG-PSOE, BNG, ANOVA, Esquerda Unida, Compromiso por Galiza), levamos anos
denunciando a privatización do Novo Hospital de Vigo, cuxa financiamento e
xestión adxudicouse a unha Concesionaria Privada integrada por empresas
construtoras, multinacionais e fondos de investimento internacional. Esta
decisión multiplicou o seu custo final que superará os 1.350 millóns a
pagar en 20 anos, malia que estaba previsto inicialmente construílo pola Sociedade
Pública de Investimentos Pública por un total de 450 millóns.
Pese a este enorme sobreprecio a Concesionaria, co beneplácito do
SERGAS, introduciu unha serie de recortes no proxecto inicial que supoñerán
deixar ao área sen os recursos hospitalarios que necesita para resolver os
actuais déficit que fai que a área teña a lista de espera maior de Galicia e
uns servizos de urxencias permanentemente saturados.
Ante este atropelo sanitario e legal e para a esixir o rescate do
Centro polo Sistema Sanitario Público, apoiamos a gran manifestación que
convoca a Plataforma e a Xunta de Persoal do CHUVI para o próximo día
3 de setembro, partirá ás 20h. do Hosital Xeral de Vigo
Esperamos contar co apoio activo dos Concellos do Área (incluídos os de
Cangas e Moaña) como representantes directos dos intereses sanitarios dos
cidadáns -como recoñece a Lei Xeral de Sanidade e a Lei Galega de Saude- e
co apoio da cidadanía que é, en definitiva, a perxudicada pola política de
recortes levada a cabo por este goberno neoliberal, na que priman os
intereses empresariais por riba da nosa saúde. Para mostra,
un aparcadoiro que ten un claro afán recaudatorio en vez de ser
destinado como servizo aos doentes que, non por gosto, teñen que acudir
ás instalacións do Novo Hospital de Vigo.
As Plataformas
Defensa Sanidade Pública de Cangas e Moaña dentro das actividades de apoio
a manifestación por un hospital publico que de resposta as necesidades dos
cidadáns da Area Sanitaria, na que nos atopamos milleiros de usuarios do Morrazo,
contratou un autobús para facilitar o desprazamento ata a Praza de España,
lugar de saída, e a recollida no entorno do Rectorado ao remate da
manifestación.
O autobús fará o seguinte percorrido:
18,45.- Saída da Estación de Autobuses de Cangas.
19,00.- Parada na Praza de Abastos de Moaña (fronte a Orensana).
O lugar e hora da volta estableceránse no propio autobús.
O prezo é de 3 € ( Ida e Volta)
Os teléfonos para reservar praza son:
CANGAS
655 08 22 49
607 68 12 79
O HÍO
669 33 03 76
MOAÑA
661 53 86 56
687 87 08 64
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Mi lista de blogs
C. de Saúde do Hío, XA!

Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!
100% público

POVI$A: listas de espera

Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com.
Kiko da Silva

Plataformas de Galicia
- SOS Sanidade Pública
- Plataforma Contra a Privatización - Pontevedra
- Plataforma en defensa da Sanidade Pública - Área do Ferrol
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Marín
- Asociación Pro Sanidade Digna de Ourense
Sindicatos da sanidade
Publicacións
Alianza Social do Morrazo

Contacto
Páxinas vistas
0 comentarios: