9 ago 2015

postheadericon Listas de espera quirúrxicas: POVISA supera en máis do duplo a media de Galicia (157,3 vs. 64,8)

LISTAS DE ESPERA
Dende fai varias décadas, a veciñanza do Morrazo padece unha marxinación histórica polo simple feito de vivir nesta península, froito de politicas erradas no que respecta a súa prestación sanitaria, onde se antepoñen intereses privados, como os que se concretan no último concerto que o SERGAS asinaba coa empresa Povisa, S.A.

Fai poucos días, o SERGAS facía públicas as listas de espera quirúrxicas, nas que podemos comprobar que, unha vez máis, a Área Sanitaria de Vigo está moi lonxe da media do resto de Galicia.

Os datos son de verdadeiro escándalo, máis, no caso de Povisa, S.A., son vergoñentos, raiando o insulto a 139.000 usuarios/as da Área Sanitaria de Vigo (Cangas, Moaña, Baiona, Nigrán, Gondomar, ademáis da poboación do Concello Vigo que a administración determina), polo que, todo apunta que seguiremos padecendo a máis longa e insoportable espera de toda Galicia ata que chegue esa desexada e sempre necesaria intervención quirúrxica.

Maila así, o xerente da área sanitaria de Vigo, o Sr. Felix Ruibal, manifesta que o seu obxectivo é chegar a finais deste ano con cifras equiparable as do resto de Galicia (cunha media de 64,8 días de espera). No Morrazo, para as Plataformas en Defensa da Sanidade Pública de Cangas e Moaña non deixan de sorprendernos estas declaracións e sospeitamos que o señor xerente estase a referir aos/ás usuarios/as que teñen como referencia os hospitais públicos (media de 94,1 días de espera), esquecéndose do resto -da mesma área sanitaria- pero que reciben a asistencia no hospital privado Povisa, S.A., cunha media de 157,3 de días espera.

Tamén nos preguntamos como a nosa Conselleira de Sanidade, a Sra, Rocío Mosquera, pode defender tanto a xestión privada, poñéndoa como exemplo de eficacia e rentabilidade, á vez que permite que Povisa, S.A. continúe tendo as listas quirúrxicas máis longas de toda Galicia; un mal non subsanado na asinatura do último Concerto, e que leva sen ser tratado adecuadamente décadas e máis décadas.

Foi o pasado 1 de setembro do 2014 que o SERGAS tivo unha nova oportunidade para cortar esta tormentosa espera para os/as doentes atendidos no centro hospitalario POVISA. Nesta data, se asinaba en Santiago o  novo “Concerto para a prestación de servizos de asistencia sanitaria especializada a beneficiarios da Seguridade Social protexidos polo Servizo Galego de Saúde a realizar polo hospital Povisa, S.A.”. No seu apartado IX. EXCUCIÓN DO CONCERTO recolle, entre outras moitas condicións e no que a listas de espera se refire, que “O cumprimento de obxectivos de Povisa, S.A. deberá acadar alomenos a media dos acadados polos dos centros do Servizo Galego de Saúde”.
A día de hoxe, este obxectivo non se está a cumplir e, dende as Plataformas de Moaña e Cangas, botamos de menos medidas máis contudentes dende as institucións públicas que lles obriguen ao seu cumprimento ou, no mellor dos casos, se dé por rescindido este contrato coa empresa que dende fai máis de 30 anos está a facer negocio coa nosa saúde, co visto bo da Xunta de Galicia e, por ende, descriminando a pacientes dunha mesma área sanitaria.

LIBRE ELECCIÓN DE HOSPITAL
O vindeiro mes de setembro, volverase a abrir o proceso de libre elección de hospita; dende as Plataformas do Morrazo queremos facer público o noso rexeitamento á medida penalizadora que sufriron o pasado ano os/as usuarios/as que solicitaron ser atendidos nos hospitais públicos, obrigándolles a reiniciar as súas listas de espera quirúrxicas, consultas con especialistas, probas radiolóxicas, etc., tendo que partir de cero neste, xa de por si, longo proceso de coidado/mellora da  nosa saúde.

Difícilmente podemos cuantificar o dano causado polo tempo perdido, máis os nosos representantes políticos deberían ter en conta que coa nosa saúde non poden nin deben estacatimar recursos, unha saúde que pode ser de menos calidade si ese diagnóstico ou esa intervención quirúrxica no chega a seu debido tempo, porque, como ben dí o poeta J. M. Caballero Bonald, “Somos o tempo que nos queda”...


0 comentarios:

SOS Sanidade Pública

C. de Saúde do Hío, XA!

C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!

Polo CAR para o Morrazo

Redes sociais

Síguenos

100% público

100% público

POVI$A: listas de espera

POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com
.

Informe POVISA

Kiko da Silva

Kiko da Silva

Alianza Social do Morrazo

Alianza Social do Morrazo

Páxinas vistas

Powered By Blogger