7 ago 2015

postheadericon As Plataformas en Defensa da Sanidade de Cangas e Moaña solicitan unha reunión urxente cos gobernos de ambas as dúas vilas



O obxectivo é buscar unha solución para contar con servizo de transporte público ao novo hospital. Aseguran que se trata dunha “marxinación histórica”.
As Plataformas en Defensa da Sanidade de Moaña e Cangas urxen a convocatoria dunha reunión co alcalde de CangasXosé Manuel Pazos, e a alcaldesa de MoañaLeticia Santos, para esixir ante as autoridades pertinentes un servizo de transporte público ao novo hospital de Vigo. Aseguran que os veciños e veciñas de Moaña sofren unha “marxinación histórica” en materia sanitaria e polo simple feito de vivir no Morrazo. “Despois de moitos anos de loita conseguimos que se abrira unha pequena fiestra co proceso de libre elección do hospital polo que máis de 2.000 persoas optamos a pasar ásanidade pública e de especialidades”, matizan.
Nun primeiro momento, ambos os dous colectivos supuxeron que a posta en marcha do novo hospital sería un exemplo de integración, non obstante, “inaugúrase cunha serie de problemas de custostitularidade e servizos sobre os que as plataformas en Defensa polaSanidade Pública do Morrazo xa nos temos pronunciado con moita claridade en reiteradas ocasións“. Explican que problemas como a falta dun servizo de transporte público ao centro hospitalario require dunha solución “urxente” e outras carencias deben ser solucionadas “a medio prazo“.
Dende os colectivos apostan pola busca de solucións dende a cooperación e ofrécense como intermediadores xunto cos novos gobernos municipais. Por iso, solicitan un encontro común entre os responsables dos gobernos de Cangas e Moaña nun prazo reducido de tempo nos que se tratará a accesibilidade ao centro hospitalario dende ambos os dous municipios, así como os trámites para o Centro de Alta Resolución.
Piden que a cita se concrete o antes posible para poder debater e buscar posturas comúns que ofrezan solucións eficaces de forma inmediata e tamén a medio prazo.
(Fonte: Morrazo Al Día)

0 comentarios:

SOS Sanidade Pública

C. de Saúde do Hío, XA!

C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!

Polo CAR para o Morrazo

Redes sociais

Síguenos

100% público

100% público

POVI$A: listas de espera

POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com
.

Informe POVISA

Kiko da Silva

Kiko da Silva

Alianza Social do Morrazo

Alianza Social do Morrazo

Páxinas vistas

Powered By Blogger