2 ago 2015

postheadericon Cangas esixe á Xunta unha partida orzamentaria para a construción do Centro de Saúde de Aldán - O Hío

Dende a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Cangas, saudamos positivamente que na primeira sesión plenaria desta nova lexislatura se presente a debate e se aprobe por unanimidade a moción para esixirlle á Xunta unha partida orzamentaria para o ano 2016 destinada a comezar a construción do Centro de Saúde de Aldán – O Hío nos terreos de O Viso.

A moción que se debate hoxe aquí, foi prentada pola Plataforma no rexistro do Concello o pasado 2 de xullo, coa finalidade de amosar ao goberno municipal a responsabilidade de comprometerse coas necesidades das dúas parroquias; Aldán e O Hío, que contan con arredor de 5.000 usuarios/as que a día de hoxe síntense, sanitariamente falando, discriminados respecto ao resto da veciñanza de Cangas.


O consultorio de O Hío e o Centro de Aldán non presentan condicións dexesables para ofrecer unha asistencia de calidade tal como recolle o Decreto 200/93 de Ordenación da Atención Primaria; que establece que os Centros de Atención Primaria, deben estar dotados das mellores infraestructura físicas e de poder incorporar novas prestacións que garanticen a calidade da asistencia e así aumentar a capacidade dos profesionais a dar unha rápida resposta aos problemas de saúde dos cidadáns.

A finalidade da moción que presentamos é reflexar a lamentable situación na que se atopan os dous inmobles que prestan atención sanitaria nesas dúas parroquias, e facer constar que a única maneira de revertir esta situación é coa construcción do novo centro de saúde nos terreos de O Viso.

Ante esta evidencia esperamos que os partidos que conforman a Corporación Local voten favorablemente esta Moción.

Non queremos deixar de recordar que a loita pola construcción do Centro de Saúde, foi -e continúa sendo- motivo de incansable loita dos/as veciños/as de O Hío, dando lugar a innumerables debates en diferentes sesións plenarias durante a anterior lexislatura, ocupando en numerosas ocasións páxinas na prensa local. Ademáis dos enredos e enganos nestes últimos anos aos veciños por parte do anterior alcalde.

Tamén, hoxe, queremos lembrarnos do Pleno Extraordinario do pasado 22 de decembro de 2014, celebrado a petición dos grupos da oposición (BNG, PSOE PsdeG e ACE) na que instaban á Xunta de Galicia a consignar (tamén como hoxe) unha partida orzamentaria para 2015; pola outra banda estaba a proposta do PP que non só “instaba á Xunta de Galicia para que se iniciase a construción do devandito Centro de Saúde” senón que tamén instaba “á construción do CAR en Cangas e así rematar definitivamente coas deficiencias en infraestructuras sanitarias que padece o noso municipio.”

Dende a Plataforma entendemos que, tanto o acordo plenario do mes de decembro así como a moción que se debate hoxe non presentan diferencias esenciais nos  plantexamentos (salvo a esixencia por parte da oposición dunha data tope ao traslado do consultorio de O Hío ás dependencias da casa da Unión). Hoxe en día vaise a producir con seguridade ese traslado sen ter comprometida unha data tope de permanencia á consulta da casa da Unión.

Entendemos que a situación é a mesma, salvo un elemento novo fundamental neste escenario, a veciñanza.

Na anterior lexislatura, a veciñanza de O Hío e as súas reivindicacións eran menosprezadas polo Sr. Sotelo e o seu equipo de goberno, o que provocou a perda total de confianza que deu orixe a un ambiente de crispación total entre a institución local e as asociacións de veciños/as que abandeiraban esta loita.

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Cangas valora positivamente que se esté avanzando hacia este clima de confianza e compromiso entre a institución local e os/as veciños/as co obxectivo firme de aunar esforzos e xuntos sexamos quen de presionar e acadar que ás institucións autonómicas cumpran cos compromisos adquiridos coa sanidade pública e poñan ás parroquias de O Hío e Aldán en igualdade ao resto de parroquias.

Dende a Plataforma estaremos atentos a que este clima non se rompa, que esta corporación cumpra coa súa responsabilidade de defender os intereses dos/as veciños/as nun claro paso adiante na defensa da Sanidade Pública e sexa merecedor desa confianza que lles depositan.


0 comentarios:

SOS Sanidade Pública

C. de Saúde do Hío, XA!

C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!

Polo CAR para o Morrazo

Redes sociais

Síguenos

100% público

100% público

POVI$A: listas de espera

POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com
.

Informe POVISA

Kiko da Silva

Kiko da Silva

Alianza Social do Morrazo

Alianza Social do Morrazo

Páxinas vistas

Powered By Blogger