1 ago 2015

postheadericon As longas listas de espera poñen en perigo a vida de miles de doentes en Galicia

As listas de espera galega refexan o deterioro do sistema pola política de  recortes e privatizacións

Ante a publicación das listas de espera sanitarias polo SERGAS a Asociación Galega para a Defensa dá Sanidade Pública quere comunicar:

1.- O aumento da desinformación polas autoridades sanitarias dado que estas listas publícanse casa seis meses en lugar de cada tres como se viña facendo ata agora, á vez que seguen ocultándose os pacientes en espera non estrutural que poderían duplicar as oficiais especialmente nalgunhas áreas como no caso de Vigo. Esta medida pretende ademais ocultar os efectos das pechaduras de camas estivais (1.200 este ano) sobre a espera quirúrxica.

2.- Demóraa media de quirúrxica de 76,2 días segue sendo intolerable xa que supoñen 16 dias máis dos 60 fixados como teito pola Lei de Garantías Sanitarias e que dá dereito a ser atendido nun centro privado.

3.- Os servizos de urxencias asistiron no semestre a 490.000 pacientes (ao redor dun millón en todo o ano), con tendencia a aumentar (30.000 máis que en 2014). Isto supón que:
      -   Máis da terceira parte da cidadanía galega pasou polos servizos de urxencias hospitalarios reflectindo a vulneración de modelo establecido pola Lei Xeral de Sanidade e a Lei galega de Saude que o basean baseado na promoción, a prevención de saúde e a Atención Primaria.
      -  A enorme presión que soportan as urxencias hospitalarias son a consecuencia das longas listas de espera, os recortes en Atención Primaria e no dereito de acceso aos servizos da poboación inmigrante. Tamén as persoas atendidas nos servizos de urxencias de AP aumentaron en 64.000 (130.000 en todo o ano) co conseguinte aumento dos riscos para as persoas doentes que son atendidas por persoal que non as tratan habitualmente

4.- Que o 65% dos ingresos hospitalarios sexan non programados son o resultado do abandono do modelo de atención integrada de saúde e unha pésima xestión dos servizos polas xerencias dos mesmos.

5.- Como demora para primeira consulta de especialista é de 40 días; a dunha endoscopia de 120 ou dunha TAC de 47; a espera quirúrxica de 76; e de 90 as de anestesia, moitos pacientes con enfermidades graves que necesitan ser operados poden estar case un ano dando voltas polo sistema ata resolver o seu problema.

As Listas de Espera en Galicia (das máis elevadas do Estado) reflicten que o desmantelamento, a privatización e o abandono á súa sorte da Atención Primaria están deteriorando gravemente o sistema que abandonou a promoción e prevención para pasar a un atención de urxencias baseada na improvisación e a medicalización. 

Miles de doentes/as están atrapados nun sistema que se deteriora por momentos. As listas de espera do Hospital privado POVISA con 157,3 días (80 máis que a media dos hospitais públicos) indican que a privatización non é a solución e aumentaría o problema.

O Sistema Sanitario Público Galego necesita urxentemente un cambio de rumbo e de responsables .

0 comentarios:

SOS Sanidade Pública

C. de Saúde do Hío, XA!

C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!

Polo CAR para o Morrazo

Redes sociais

Síguenos

100% público

100% público

POVI$A: listas de espera

POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com
.

Informe POVISA

Kiko da Silva

Kiko da Silva

Alianza Social do Morrazo

Alianza Social do Morrazo

Páxinas vistas

Powered By Blogger