7 jul 2015

postheadericon O Morrazo continúa a ser desprezado polas institucións públicas


- Novo Hospital de Vigo (Mobilidade e Servizos)

A posta en marcha estes días do novo hospital Alvaro Cunqueiro, lonxe de ser unha satisfación para todolos/as usuarios/as de Area Sanitaria de Vigo de poder contar cun hospital que será capaz de rematar coas deficiencias históricas, está a ser un verdadeiro pesadelo no que ao seu desprazamento se refire, tanto pola via de transporte público como a de mobilidade polos medios particulares.

Xa os/as veciños/as de Vigo, que son os mais proximos ao hospital, contan, ata agosto, soamente cunha lanzadeira de Vitrasa cada media hora dende a Plaza America.

Dende a Plataforma queremos denunciar que a señalización tanto pola estrada como pola autopista é inexitente e que o aparcadoiro, no propio hospital, máis que un servizo de cara a facilitar a mobilidade aos usuarios é un negocio para a empresa que xestionará o hospital durante vinte anos. Tamén neste caso a indignación dos pacientes esta maís que xustificada.

As PlataformasSanitarias de Cangas e de Moaña levamos meses solicitando falar deste problemacoas Administracións e con a dirección de Vitrasa, pois xa sospeitábamos, e así se confirma, que nos seus cálculos non van ter en conta á veciñanza do Morrazo que utiliza frecuentemente como medio de transporte o marítimo para achegarse a Vigo. De momento, a directora de mobilidade dá a calada por resposta ás nosas reclamacións e xa hoxe, independentemente de que fose satisfactoria ou non, chegaría tarde.

Foron preto de 2.500 usuarios/as que en sepembro do ano pasado solicitaron de maneira voluntaria a súa atención sanitaria na Sanidade Pública e hoxe ven como as administración públicas lle dan as costas, unha vez máis.

A estas 2.500 cartillas debemos incrementar a todolos/as nenos/as e mulleres embarazadas do Morrazo que a partir da próxima semana van comezar a recibir as súas consultas no Novo Hospital de Vigo (comezarán as consultas de Pedriatría e Obstetricia), independentemente de si o seu hospital de referencia é o público ou POVISA co seu polémico concerto.

Dende a Plataforma reiteramos que se poña fin a este desprezo por parte das administracións públicas aos pacientes do Morrazo e subsanen esta concatenación de deficiencias, que afecta negativamente aos pacientes e que poñen de manifesto un descontrol total e absoluto na posta en marcha de Novo Hospital, que xa comezaba a ser recortado, e así o denunciamos ata a saciedade, dende os seus cimentos.
Si a Directora de Mobilidade, en coordinación coa titular da Consellería de Sanidade non son quen de dar unha resposta inmediata a este problema, dende a Plataforma convidámolas a que abandonen as súas responsabilidades e facilite para que se desbloquee esta situación que tamén afecta directamente á nosa saúde. 

Por otra banda, o SERGAS anunciou fai uns dias de que o Novo Hospital vai a incorporar o segundo Código Ictus de Galicia, unha unidade de atención aos pacientes con accidentes cerebrovasculares, onde a rapidez da resposta é vital e estará coordinada polo 061, Mediciña Intensiva e os Puntos de Atención Continuada de Primaría, ademáis de máis carteiras de servizos como: Ortoxeriátrica, Sono, etc.

Dende as Plataformas do Morrazo saudamos con satisfación estas novas carteiras de servizos, pero non deixamos de ver con preocupación que vai pasar cos pacientes que reciben a prestación sanitaria en POVISA. A reclamación do dereito a atención do servizo de Hado foi motivo de denuncia pública durante varías décadas, esperamos que estas novas unidades, fundamentalmente a do código Ictus, sexan de referencia para toda Area Sanitaria de Vigo e  teñamos todos/as os/as usuarios dereito as mesmas prestacións. Desexamos que o SERGAS non continúe coa politica sanitaria de descriminación ao Morrazo.

- Centro de Saúde Aldán – O Hío

Tamén adxuntamos a moción que a Plataforma trasladou esta semana a tódolos grupos municipais e ao goberno local, para que sexa presentada para a súa aprobación no vindeiro pleno do Concello de Cangas, na que se solicita instar á Xunta de Galicia e ao SERGAS para que nos Orzamentos do 2016 da Xunta de Galicia, figure unha partida presupostaria, destinada á construción do devandito Centro de Saúde Aldán – O Hío nos terreos de O Viso.

Saúdamos a boa disposición do actual alcalde, trala reunión mantida o pasado xoves 25 de xuño con membros da Comisión Xestora desta Plataforma e o compromiso adquirido para a defender conxuntamente as reivindicacións históricas en materia sanitaria que dende a Plataforma de Sanidade Pública de Cangas levamos anos defendendo para rematar así coa débeda e discriminación que a Conselleria de Sanidade mantén coa veciñanza do Morrazo.

Agardamos, pois que, dende esta institución, se poña en marcha, como así o reclamamos, o Consello de Saúde, para poder manter unha boa comunicación entre o Concello, imprescindible para levar a cabo calquera acción que se tercie na procura dunha asistencia sanitaria de primeira para a veciñanza de Cangas, tendo sobre a mesa temas de suma importancia e urxencia a tratar: o Centro de Saúde de Aldán – O Hío, o Centro de Alta Resolución e o máis que controvertido Concerto que o SERGAS asinaba con POVISA e que a día de hoxe ainda non se fixo público.

- Moaña (Centro de Saúde e CAR)


Para rematar, comunicamos que a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Moaña, a través da Federación de Asociación de Veciños de Moaña “A Chamusca”, solicitou ao novo goberno local se convoque, con carácter urxente, unha reunión da Comisión de Sanidade para tratar sobre os terreos para a construción do novo Centro de Saúde, os terreos para a construción de Centro de Alta Resolución e reforzo de fisioterapia pediatra.

0 comentarios:

SOS Sanidade Pública

C. de Saúde do Hío, XA!

C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!

Polo CAR para o Morrazo

Redes sociais

Síguenos

100% público

100% público

POVI$A: listas de espera

POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com
.

Informe POVISA

Kiko da Silva

Kiko da Silva

Alianza Social do Morrazo

Alianza Social do Morrazo

Páxinas vistas

Powered By Blogger