22 may 2015
Privatización do Novo Hospital de VIgo
NOVA MANOBRA DE NUÑEZ FEIJOO: INTEGRAR UN SERVIZO PRIVATIZADO PARA PARADOXICAMENTE AVANZAR NA PRIVATIZACION DA SANIDADE GALEGA
O Goberno galego decidiu integrar os servizos de Cardioloxía Intervencionista e Ciruxía Cardíaca, da Empresa de xestión privada Galaria, no Novo Hospital de Vigo.

As razóns deste rexeitamento están perfectamente xustificadas:
- GALARIA-MEDTEC funcionan de acordo ao modelo de xestión empresarial que busca unha alta produtividade e uns bos resultados económicos. Entre os danos colaterais desta estratexia poderiamos destacar o chamado Caso Aspergillus (xulgado en 2005) no que houbo numerosas mortes por este fungo asociadas á realización de intervencións cardíacas nun quirófano construído sen as condicións de seguridade dos centros públicos (para aforrar custos) e a unha intensa actividade que primaba o número de intervencións sobre a calidade e seguridade dos pacientes.
- A procura de beneficio empresarial que fai que en Vigo realícense o dobre de probas que na Coruña (pese a ter cunha poboación similar) o que levo ao Consello de Contas a cuestionar a racionalidade deste modelo.
- O elevado endebedamento e a indisciplina orzamentaria de SERGAS: No 2013 o Parlamento de Galicia aprobou unha transferencia adicional de 296.955 euros para saldar débedas cos Hospitais Xeral Cies e Meixoeiro de Vigo; outra de 330.100 euros para resonancias magnéticas e probas de medicina nuclear de Pontevedra e Vigo; e unha terceira de 841,810 euros a repartir entre A Coruña, Santiago e Complexo Hospitalario de Vigo
Con todo a integración destes servizos de GALARIA.MEDTEC no Novo Hospital responde a unha nova estratexia de privatización e desmantelamento do sistema público posta en práctica polo Partido Popular que goberna a Xunta.
Primeiro: Só intégranse só dous das cinco unidades asistenciais e once departamentos en mans de GALARIA, que manterá as unidades de Medicina Nuclear, Radioterapia e Resonancia Magnética.
Segundo: Coa integración dos servizos de Cardioloxía Intervencionista e Ciruxía Cardíaca preténdese poñer en marcha no Hospital as Novas Unidades de Xestión Clínica comezando por unha das máis apetecibles para o sector privado como é a do área do corazón. Hai que recordar que estas Unidades de Xestión Clínica pretenden fraccionar os hospitais en múltiples empresas autónomas de xestión privada con plena autonomía para manexar o seu orzamento; competir co resto de servizos; laboralizar ao persoal para someter as súas decisións aos directores elixidos polas xerencias e poder incentivar as políticas de aforro e de recortes; e facilitar a entrada de empresas e capital privado nos servizos públicos. Como a xestión da parte non clínica do novo hospital está en mans dunha Concesionaria a privatización do centro será completa e absoluta.
Terceiro: Iníciase o proceso de laboralización do persoal sanitario do novo centro. O persoal estes dous servizos integrados manterá o seu vínculo laboral e o seu réxime económico de orixe, aínda que o resto do hospital seguirá, por agora, co seu vinculación estatuaria. Introdúcese así unha cuña nas condicións do persoal do hospital xerando unha dobre dependencia laboral, malia que isto xerará enfrontamentos e conflitos internos e impedirá a xestión eficiente do centro. Núñez Feijoo encabeza novamente o desenvolvemento das estratexias neoliberais aplicando en Galicia a Lei 10/2013 dirixida a crear as Novas Áreas de Xestión Clínica con persoal regulado polo réxime laboral das empresas privadas.
Cuarto: Dáse un paso máis na estratexia de privatizar os servizos centrais de radioloxía e laboratorio dos hospitais públicos, que comezou fai algúns meses coa concesión do Laboratorio Central de Galicia á multinacional UNILABS (o Novo Hospital de Vigo nace xa sen este servizo). Agora mantense en poder de GALARIA a Resonancia Magnética (xunto á Radioterapia Oncoloxica e a Medicina Nuclear), para deixar fose do novo centro un importante recurso radiolóxico e poder desenvolver o proxectado Anel Radiolóxico que unificará nun só centro todos os servizos de radioloxía dos hospitais como paso previo ao seu privatización. Preténdese así seguir o exemplo da CCAA de Madrid e malia que os resultados deste experimento sexan desastrosos para a calidade da atención.
Asociacion Galega para a Defensa da Sanidade Pública
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Mi lista de blogs
C. de Saúde do Hío, XA!

Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!
100% público

POVI$A: listas de espera

Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com.
Webs adheridos
Kiko da Silva

Plataformas de Galicia
- SOS Sanidade Pública
- Plataforma Contra a Privatización - Pontevedra
- Plataforma en defensa da Sanidade Pública - Área do Ferrol
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Marín
- Asociación Pro Sanidade Digna de Ourense
Sindicatos da sanidade
Publicacións
Alianza Social do Morrazo

0 comentarios: