19 may 2015

postheadericon O 24 de maio vota pola Sanidade Pública

Desde fai anos estamos vivindo un proceso de recortes, deterioro, desmantelamento e privatización da Sanidade Pública que esta  poñendo en serio risco ao Sistema Sanitario Público en Galicia.

A nosa Sanidade Pública atópase nunha situación crítica e en pouco tempo de seguir por este camiño vaise a cuestionar a súa propia supervivencia como servizo público sanitario de calidade.

Para evitalo habería que facer moitas cousas, pero sobre todo adoptar 4 medidas claves:

1.-  Garantir a atención sanitaria a todas as persoas. O que supón incluír á poboación inmigrante non regularizada na atención sanitaria pública, así como aos demais excluídos polo RDL 16/2012 e retirar os copagos establecidos no mesmo. Precísase ademais un financiamento suficiente da Sanidade Pública e unha asignación finalista da mesma para corrixir as desigualdades en atención sanitaria.

2.- Recuperar os recursos do sistema sanitario público, incrementando o persoal ata alcanzar os niveis de 2009, para favorecer unha utilización intensiva dos recursos sanitarios públicos paralizando as derivaciones sistemáticas cara ao sector privado. Hai que aumentar o número de camas hospitalarias e os recursos de Atención Primaria.

3.-  Paralizar o desmantelamento  da sanidade pública e recuperar o privatizado. Acabar coas privatizacións  encubertas (derivacións, unidades de xestión clínica, etc) e facer un Plan para Recuperar o Privatizado de xeito paulatino ao longo de toda a lexislatura. Así mesmo separar nítidamente a Sanidade Pública do sector privado coa  dedicación exclusiva dos profesionais.

4.- Derogar  o RDL 16/2012, a Lei 15/97 e demais leis privatizadoras ,  por en vigor os mecanismos de participación social e profesional, garantir o desenvolvemento da saúde pública, e o controlar o gasto farmacéutico e a sobreutilización das probas tecnolóxicas.

Por iso, é fundamental o resultado das próximas eleccións, porque se vai a decidir nelas si culmina o proceso de desmantelamento da Sanidade Pública ou si prodúcese un cambio de rumbo que supoña a recuperación dun sistema sanitario público de calidade e do dereito á atención sanitaria para toda a poboación.

En consecuencia, chamamos aos traballadores da Sanidade e á cidadanía a votar masivamente ás candidaturas comprometidas coa Sanidade Pública, e a botar dos gobernos autonómicos e municipais a quen foron os responsables dos recortes e a privatización sanitaria.

Asociacion Galega para a Defensa da Sanidade Pública 
19 de maio de 2015

0 comentarios:

SOS Sanidade Pública

C. de Saúde do Hío, XA!

C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!

Polo CAR para o Morrazo

Redes sociais

Síguenos

100% público

100% público

POVI$A: listas de espera

POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com
.

Informe POVISA

Kiko da Silva

Kiko da Silva

Alianza Social do Morrazo

Alianza Social do Morrazo

Páxinas vistas

Powered By Blogger