25 may 2015
PRESENTACIÓN DO LIBRO “La Sanidad no se vende, manual para la defensa de la Sanidad Pública”
O vindeiro mércores, 27 de maio ás 20:30h. en Cangas presentamos o libro "LA SANIDAD NO SE VENDE"
O acto será presentado por Eduardo Mallo Regueiro (Sacerdote e profesor xubilado) e intervirán:
Hixinio Beiras Cal (Cardiólogo, Coordinador do libro e membro da Federación Galega para a Defensa da Sanidade Pública)
Luisa Lores Aguín (Radióloga, coautora do libro e membro da Federación Galega para a Defensa da Sanidade Pública)
Manuel Martín García (Médico de familia, coautor do libro e Presidente da Federación Galega para a Defensa da Sanidade Pública)
Autores: Hixinio Beiras Cal, Marisa Fernández Ruiz, Sergio Fernández Ruiz, Luisa Lores Aguin, Manuel Martín García, Luis Palomo Cobos, Marciano Sánchez Bayle, Pablo Vaamonde García.
Saber e facer; coñecer e actuar, enterder e explicar... teoría e práctica, son dende sempre as dúas patas sobre as que camiñaron quen mudaron o mundo e quen desexa seguir facendoo.
As políticas en sanidade, ademáis de complexa, están enmascaradas para dificultar a compresión do que pasa. Grandes corporacións publicitarias estudan a maneira de presentarnos o malo como bo, o falso como certo, o positivo como antigo e ineficaz, na suma, o que lles interesa a eles como bo para tod@s. E para quen non son expertos máis que nas súas propias vidas e saberes profesionais, coñecer como desenmascaralos será unha grande axuda.
Tal é o obxetivo de este libro, cun texto útil, claro, ameno, de ton positivo, accesible para todo o mundo: unha exposición de conceptos, propostas, advertencias, falacias, etc... que, a través do coñecemento, forme a auténticos activistas que loiten para transformar a realidade que nos queren impoñer.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Mi lista de blogs
C. de Saúde do Hío, XA!

Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!
100% público

POVI$A: listas de espera

Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com.
Webs adheridos
Kiko da Silva

Plataformas de Galicia
- SOS Sanidade Pública
- Plataforma Contra a Privatización - Pontevedra
- Plataforma en defensa da Sanidade Pública - Área do Ferrol
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Marín
- Asociación Pro Sanidade Digna de Ourense
Sindicatos da sanidade
Publicacións
Alianza Social do Morrazo

0 comentarios: