15 abr 2015
Problemas técnico/administrativos na comunicación de POVISA coa Sanidade Pública
As Plataformas en Defensa da Sanidade Pública de Cangas e Moaña, veñen detectando que, os usuarios asignados á Área de POVISA, que optaron pola Sanidade Pública, elixindo libremente o cambio de hospital segundo a Instrucción 7/14 da Consellería de Sanidade, estanse atopando con determinados problemas de orixe puramente administrativo ou técnico como son a repetición de probas diagnósticas ou consultas con especialistas, simplemente por non ser incorporadas no sistema informático da historia clínica por Povisa e así non están accesibles aos médicos do servizo público que agora nos atenden e carecen dunha información imprescindible para prescribir o tratamento axeitado.
Adxuntamos carta dirixida ao Director Xerente do EOXI de Vigo solicitando que poña tódolos medios ao seu dispor para rematar, na maior brevidade posible con esta situación de desconcerto que están a padecer os usuarios.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Mi lista de blogs
C. de Saúde do Hío, XA!

Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!
100% público

POVI$A: listas de espera

Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com.
Webs adheridos
Kiko da Silva

Plataformas de Galicia
- SOS Sanidade Pública
- Plataforma Contra a Privatización - Pontevedra
- Plataforma en defensa da Sanidade Pública - Área do Ferrol
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Marín
- Asociación Pro Sanidade Digna de Ourense
Sindicatos da sanidade
Publicacións
Alianza Social do Morrazo

0 comentarios: