1 abr 2015
O Alcalde de Cangas queda en evidencia no Parlamento de Galicia
Como xa aconteceu en diferentes ocasións, por exemplo no 2012, dende a Plataforma tivemos que demostrar perante a opinión pública que era certo que existía unha partida orzamentaria da Xunta de Galicia para a construción do devantido Centro de Saúde de O Hío – Aldán (que no fin se perdeu), logo de acusacións como as que poidemos ler na prensa esta fin de semana.
Tres anos despois, e coa mesma maneira de proceder, é a Plataforma quen
tirando de documentación gráfica, podemos demostrar que as declaracións feitas
pola Sra. Vichalán (Dir. Xeral de Recursos Económicos do SERGAS) deixan en
evidencia ao Alcalde de Cangas.
Dende a Plataforma en
Defensa da Sanidade Pública de Cangas queremos esclarecer que non estamos en
contra da paralización das obras da Casa da Unión para fins sociáis, senón que
o pedimos é que se paralice a decisión que tomou o goberno local de destinar
algunhas das estancias de este inmoble para fins e actividades sanitarias, que
como ben dí na súa intervención a Dir. Xeral de Recursos Económicos do SERGAS,
non son as axeitadas para dito fin.
Para demostrar o anteriormente dito, ademáis de poder visualizar a
intervención da Sra. Vilachán na web do Parlamento de Galicia, e para facilitar
a pesquisa e visualización á cidadanía, o video tamén está disponible nas
diferentes canles de comunicación virtual da Plataforma:
-
Web
Para rematar, tamén queremos esclarecer públicamente que esta Plataforma
está conformada por persoas e asociacións comprometidas coa defensa da sanidade
100% pública e de calidade, e está permanentemente aberta a novas adhesións de
cidadáns e colectivos que defendan estes mesmos fins.
Dossier de prensa:
Dossier de prensa:
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Mi lista de blogs
C. de Saúde do Hío, XA!

Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!
100% público

POVI$A: listas de espera

Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com.
Webs adheridos
Kiko da Silva

Plataformas de Galicia
- SOS Sanidade Pública
- Plataforma Contra a Privatización - Pontevedra
- Plataforma en defensa da Sanidade Pública - Área do Ferrol
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Marín
- Asociación Pro Sanidade Digna de Ourense
Sindicatos da sanidade
Publicacións
Alianza Social do Morrazo

0 comentarios: