28 mar. 2015

postheadericon A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública esixe a paralización das obras do consultorio médico de O Hío

A petición das Asociacións de Veciños/as de O Hío, respaldadas por tódolos grupos da oposición do Concello de Cangas e pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Cangas, conforme quedou plasmado no manifesto asinado o pasado 12 de febreiro de 2015,  chega ao Parlamento de Galicia a controvertida pregunta sobre o Centro de Saúde de O Hío – Aldán.

A resposta dada pola Sra. Lourdes Vilachán, (Directora Xeral de Recursos Económicos) na  Comisión 5ª Sanidade, Política Social e Emprego de onte, día 26/03/2015, demostra que o Sr. Sotelo goberna non só de costas á veciñanza de O Hío, senón que tamén aos informes técnicos do anterior Director de Recursos Económicos (o Sr. Torres Rojo) no que xá constataba que as instalacións para o Consultorio de O Hío non reúne as condicións mínimas para a prestación dun servizo de calidade para a atención primaria.





Non nos sorprende, pois dende que a Plataforma tivo coñecimento das “loucas” intencións do Sr. Sotelo de rehabilitar a Casa da Unión como consultorio médico, denunciámolo por activa e por pasiva, amosando o noso rexeitamento a un despilfarro maiúsculo de fondos provinciais (hoxe sabemos que son 111.000€ os que a Deputación de Pontevedra desembolsará nesta obra, da que, parece que, non ten coñecimento nin a propia Xerente do SERGAS). Lamentamos que esta comisión teña chegado tarde, cando as obras xa comezaron, e por tanto, un  desembolso ecónomico (cartos de toda a cidadanía), tamén. Diñeiro de todas/os nós que respaldan  as políticas partidistas levadas a cabo, tanto por parte do Concello de Cangas, comandado polo Sr. José Enrique Sotelo, como pola Deputación de Pontevedra, que manexa ao seu antoxo o Sr. Louzán.

Con esta intervención de onte da Sra. Vilachán, confírmase pois, que o alcalde de Cangas está obstinado en que as/os veciñas/os do Concello e, en particular, as 5000 cartillas sanitarias das parroquías de O Hío e de Aldán non teñan as mesmas condicións sanitarias que o resto da poboación, condenándoos a unha atención primaria deficiente. Non dubida en desmarcarse do seu propio partido e incumprir as leis e normativas que alardea de defender, como o fixo no último pleno, cando se debatía a moción sobre a constitución do Comité de Saúde. Onte, a súa compañeira de partido, nos fixo ver que é apenas “palabrería”, verbas que o vento se leva á primeira de cambio, xa que con esta obra, non cumpre cos mínimos recollidos na Guía de Planificación para o Deseño e Equipamento dos Centros de Saúde do SERGAS nin co Decreto 2000/93 de Ordenación de Atención Primaria de Galicia.

Entendemos que, dende a Consellería de Sanidade, que ten o poder público de toda a cidadanía galega e debe velar pola protección da nosa saúde como piar básico que se sustenta o Estado de Benestar, non pode mirar cara outro lado, escudándose en que as condicións económicas non son as axeitadas como argumento para non acometer a construción do Centro de Saúde de O Hío – Aldán e, cumprindo coa súa responsabilidade política, debe paralizar de forma inmediata as obras de rehabilitación da Casa da Unión.

É un espectáculo lamentable o que están dando  dende tódalas Administracións galegas, cando fan referencia á construcción do Centro de Saúde Aldán – O Hío e queremos amosar públicamente a nosa indignación polas explicacións dadas.

O Sr. Sotelo, en vez de meterse en camisas de once varas, ben podería ter aceptado a proposta da Plataforma, presentada na sesión plenaria do mes de setembro e defendida polos grupos da oposición, onde pedíamos que dese un paso ao frente e solicitara á Xerencia do EOXI a posta en marcha da Comisión de Seguimento e Participación Cidadá, tal como se recolle no artigo 25 do Decreto 97/2001 do 22 de marzo. Hoxe, podería estar platexando e defendendo o que realmente preocupa á veciñanza do noso pobo:
Cabe lembrar que foron moitos os/as usuarios/as que, no mes de setembro, optaron pola Sanidade Pública e se están atopando con problemas, como que deben repetir probas e consultas de especialistas realizadas en POVISA, e que non se atopan informatizadas. Isto supón unha perda de tempo e ansiedade para o paciente, e, nalgúns casos, dor, ademáis do despilfarro económico ao duplicar as probas que xa foron realizadas e cobradas pola empresa privada que xestiona o Centro Hospitalario POVISA.
Tamén podería estar alerta ao problema de mobilidade que, en breve (si se cumpren os prazos establecidos), deberemos afrontar, coa posta en marcha do Novo Hospital de Vigo. Dende a Plataforma solicitamos unha reunión coa Directora Xeral de Mobilidade para amosar a nosa preocupación  por como se están establecendo as liñas de Vitrasa ao novo hospital, na que ata o momento (cumpridos xa os dous meses dende do seu rexistro) non obtivemos resposta algunha.


Dossier de prensa:





0 comentarios:

SOS Sanidade Pública

C. de Saúde do Hío, XA!

C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!

Polo CAR para o Morrazo

Redes sociais

Síguenos

100% público

100% público

POVI$A: listas de espera

POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com
.

Informe POVISA

Kiko da Silva

Kiko da Silva

Alianza Social do Morrazo

Alianza Social do Morrazo

Páxinas vistas