2 mar 2015
Reunión da Plataforma pre-mobilización 19 de marzo
O martes 24 de febreiro a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Cangas mantivo unha xuntanza para analizar e organizar a mobilización do próximo xoves 19 de marzo en contra dos recortes na Sanidade e da política privatizadora que os gobernos da Xunta e de Madrid están aplicando para destruir o actual sistema sanitario e sustituílo por outro modelo que ofrece menor calidade e rompe o dereito de gratuidade e universalidade.
Acadamos realizar no noso Concello unha concentración e manifestación o mesmo día da mobilización en toda Galicia, posto que, ademáis das reivindicacións xenéricas da nosa comunidade, creemos que a loita que levan realizando os colectivos de O Hío dende hai anos en defensa do prometido Centro de Saúde -no que o Concello xa investiu unha cifra de 400.000€- merece que se visualice como un acto de protesta social en contra do acordo tomado polo goberno local do PP de rehabilitar a antiga Casa da Unión, o cal está moi lonxe de solucionar o problema sanitario que padece esta parroquia.
Polo tanto, temos convocado para o próximo mércores 4 de marzo as sete da tarde na Casa da Cultura de Cangas a todos os Partidos, Sindicatos e asociacións veciñais de Cangas para artellar xuntos o traballo de cara a esta mobilización do día 19. E tamén conectar cos colectivos afectados de hepatite C e ELA.
Cangas, 02 de marzo de 2015
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Mi lista de blogs
C. de Saúde do Hío, XA!

Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!
100% público

POVI$A: listas de espera

Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com.
Webs adheridos
Kiko da Silva

Plataformas de Galicia
- SOS Sanidade Pública
- Plataforma Contra a Privatización - Pontevedra
- Plataforma en defensa da Sanidade Pública - Área do Ferrol
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Marín
- Asociación Pro Sanidade Digna de Ourense
Sindicatos da sanidade
Publicacións
Alianza Social do Morrazo

0 comentarios: