28 feb 2015

postheadericon #HepatiteC: NON A ESPECULACIÓN A CONTA DA SAÚDE

Centos de pacientes enfermos polo Virus de Hepatite C (VHC) estan mobilizándose arestora en todo o Estado para esixir ao goberno do partido popular o dereito a a ser tratados dentro da Sanidade Pública co novo tratamento de última xeración: o Sofosbuvir; un antiviral de acción directa sobre o VHC aprobado pola Dirección General de Farmacia y Productos Sanitarios o 5 de marzo de 2014.

Para ter unha foto fixa do problema cabe dicir que 700,000 persoas son portadoras deste virus no conxunto estatal.

En setembro de 2014 a anterior Ministra de Sanidade (Ana Mato) anunciou públicamente un acordo coa multinacional Gilead para que os médicos especialistas dos doentes que o precisaran puideran comenzar a prescribir o devandito fármaco en toda España a partir do mes de outubro.

A día de hoxe, sen embargo, os afectados e as súas familias están pasando por verdadeiros dramas humanos ante a falta da verdade e do compromiso dun goberno que minte, engana e enrreda coa dor e a enfermedade das persoas.
Moitas solicitudes cursadas polos hepatólogos, unha vez resolto que cumpren os requisitos establecidos polo Ministerio e recollidos nas Instrucións do acceso aos tratamentos da Hepatite C cursadas pola Dirección xeral de Asistencia Sanitaria, son rexeitadas ou non contestadas.

A falta de transparencia por parte do Ministerio de Sanidade xunto coa súa nefasta xestión son con toda probabilidade a causa desta crise sanitaria da que se aproveita a farmaceútica Gilead que por un lado rentabiliza beneficios económicos pola ineptitude do Ministerio de Sanidade, Igualdade e Asuntos sociais, e por outra banda utiliza a situación de vulnerablilidade dos doentes co seu anuncio da eficacia e falta de efectos secundarios do seu medicamento (Sovaldi) buscando seguramente ocupar unha situación hexemónica no mercado.

Non hai dúbida do negocio da multinacional americana Gilead que comercializa o Sovaldi, con unha facturacións de 9,000 millóns de dólares en só nove meses da súa comercialización según datos da propia empresa ao regulador americano (SEC), e de 1,000 millón de dólares de facturación en Europa desde que foi aprobado pola axencia do medicamento europeo en enero de 2014.

Máis que un laboratorio é un fondo de inversión internacional para comprar e vender medicamentos con participación de Bankia, BBVA, Santander, Inditex, Endesa, etc.

Os gobernos teñen que defender os intereses dos seus cidadáns e facer fronte ante esixencias das multinacionais farmaceúticas, ás que pagan miles de millóns de euros poñendo en risco a sostenibilidade do sistema público, forzando a negociación con amenazas como fixo o goberno da India con medicamentos máis baratos a través de xenéricos. Pois as principais víctimas son os pacientes aos que se lle dificulta o acceso os tratamentos por motivos económicos.

En Galicia

No noso país os afectados comezan a coordinarse entorno á Plataforma galega de afectados pola Hepatite C e realizan concentracións e recollida de firmas por todo o país baixo o lema “tratamento para todo@s xa”.

Esta recollida de firmas a están facendo de maneira rotatoria por todos os hospitais públicos, principalmente en Vigo e Coruña e está tendo unha resposta moi numerosa de persoas solidarias que manifestan o seu apoio con estes pacientes infectados polo Virus VHC. A día de hoxe a recollida de firmas esta expandida por todos lugares de Galicia.

O día 11 de febreiro acuden o Parlamento de Galicia de onde foron expulsados do hemiciclo por recriminar ao PP que non apoyaran a súa reivindicación.

A súa lexítima proposta foi defendida polos grupos da oposición e estaba encamiñada a reclamar que o goberno da Xunta garantizara o acceso ás novas terapias para os doentes de Hepatite C que o precisaran de acordo co criterio dos médicos especialistas que os atenden.

En Cangas

A situación dos enfermos da nosa localidade é de descoñecemento e de necesidade para organizarse ; a Plataforma Sanitaria en Defensa da Sanidade Pública de Cangas traballa para que os enfermos e familiares se organicen entorno á Plataforma galega de afectados pola Hepatite C.

Onte no Pleno de Cangas coa presencia de afectados pola Hepatite C conseguiuse aprobar unha moción de consenso entre todos os grupos políticos que recolle un alento de esperanza para todos os enfermos que sufren esta doenza poidan dispor nas farmacias hospitalarias do tratamento nun tempo non superior aos quince días dende que o seu médico especialista llo receta.

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Cangas ao mesmo tempo demandamos do Señor Alcalde, representante local do Partido Popular que encabece esta loita en Cangas, traballando dende xa e a solicitar da Concelleria de Sanidade Servizos Sociais e Muller información sobre cantos afectados hai na nosa localidade, así como coñecer a súa situación clínica e o grado de sufremento e angustia que está soportando a familia.

Todos os pacientes de Cangas merecen, por outra banda ter tamén unha pancarta colocada na fachado do noso Concello como xa ten ocurrido con outros colectivos.

Dende a Plataforma vamos a traballar e mobilizarnos con todos os afectados para que ningún enfermo quede sen tratamento pola insensibilidade dos nosos gobernantes que antepoñen motivos económicos á saúde dos cidadáns.

NON A ESPECULACIÓN A CONTA DA SAÚDE.

O 1 de marzo ás 12:00 na Avda de Lugo de Santiago de Compostela TODAS COA PLATAFORMA GALEGA DE AFECTADAS POLA HEPATITE C!

Carmen Nores
Portavoz da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Cangas

0 comentarios:

SOS Sanidade Pública

C. de Saúde do Hío, XA!

C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!

Polo CAR para o Morrazo

Redes sociais

Síguenos

100% público

100% público

POVI$A: listas de espera

POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com
.

Informe POVISA

Kiko da Silva

Kiko da Silva

Alianza Social do Morrazo

Alianza Social do Morrazo

Páxinas vistas

Powered By Blogger