14 mar 2015

postheadericon Charla informativa en Aldán

O vindeiro luns, 16 de marzo de 2015, a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Cangas desembarca en Aldán para informar dos motivos da mobilización que terá lugar en Cangas o vindeiro 19 de marzo de 2015. Falaremos da situación sanitaria en Galicia, enfocando como están afectando os recortes sanitarios na nosa comarca e, máis en concreto, nas parroquias de O Hío e Aldán.

Contaremos coa presenza do portavoz de SOS Sanidade Galicia, Manuel Martín e, ademáis de membros da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Cangas, falarán da súa loita e sufrimento membros da Plataforma de afectados pola Hepatite C.

A charla terá lugar ás 19h. no Centro de Xubilados de Aldán

As políticas de recortes da Xunta de Galiza están tendo un efecto demoledor para a atención sanitaria pública galega e vai acompañada da penetración no sistema de empresas privadas, fondos de investimentos e multinacionais sanitarias.


Esta estratexia responde a ideoloxía neoliberal do Goberno Popular (PP) que concibe a atención sanitaria como un “negocio privado”.

As parroquias de Aldán e O Hío conforman un núcleo residencial claramente definido e diferenciado no concello de Cangas e que xira entorno á ría de Aldan.

A parroquia de Aldán ten o seu dispositivo asistencial das dependencias no Centro de Xubilados e este espazo non ofrece posibilidades de acoller novas dependencias. Por outra banda o consultorio do Hío ubícase no baixo dunha casa sen reunir as mínimas condicións para a prestación sanitaria.

Dende hai anos esta previsto a construción dun Centro de Saúde para dar resposta a estas deficiencias nun terreo na zona do Viso e así rematar coas desigualdades sanitarias que padecen estas parroquias con respeto ao resto do municipio.

Cinco mil cartillas son un número máis que significativo para que estas desigualdades se corrixan.

Os recortes promovidos pola Señora Conselleira botaron abaixo a construción do Centro de Saúde no Viso, que estaba previsto para o ano 2012.

Topámonos na actualidade cun novo escenario que, a noso entender, pode poñer en risco o futuro sanitario destas dúas parroquias que é o acordado por la maíoria do partido que goberna. O pasado mes de decembro, nun Pleno Extraordinario en Cangas, se acordou rehabilitar a antiga casa da Unión, en contra de todos/as os/as vecinos/as. Este acordo esta moi lonxe de solucionar o problema sanitario da zona, máis ben pode marcar un futuro moi incerto para as dúas parroquias, xa que as políticas de recortes aplicados, nestes últimos anos, non só poden deixar sen Centro de Saúde a estas dúas parroquias, senón que poden quedar expostas ás decisión da actualConselleria de Sanidade que promove, como xa estamos a comprobar, a concentración dos recursos sanitarios nas zonas urbanas, en detrimento do rural, fomentando aínda máis a desigualdade sanitaria existente entre o rural e as cidades.

Dende a Plataforma continuamos a reclamar ás institucións que cumpran coas súas promesas e continuaremos a loitar porque a comarca do Morrazo teña os mesmos servizos sanitarios que outras comarcas de idénticas caracteríscas, como é a dotación dun Centro de Alta Resolución, outra das nosas reivindicacións históricas.

Non podemos nin debemos permitir que recorten a nosa saúde nin que fagan negocio a costa dela.


0 comentarios:

SOS Sanidade Pública

C. de Saúde do Hío, XA!

C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!

Polo CAR para o Morrazo

Redes sociais

Síguenos

100% público

100% público

POVI$A: listas de espera

POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com
.

Informe POVISA

Kiko da Silva

Kiko da Silva

Alianza Social do Morrazo

Alianza Social do Morrazo

Páxinas vistas

Powered By Blogger