17 mar 2015

postheadericon #19M: PODEROSAS RAZÓNS PARA FACER A MOBILIZACIÓN EN DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA EN CANGAS EN CONTRA DOS RECORTES SANITARIOS

A Sanidade Pública foi unha das conquistas sociais máis notables que lograron as clases populares nos anos oitenta e que quedou recollida na Lei Xeral de Sanidade do 14/1986 do 25 de abril, onde se garante a Asistencia Sanitaria Universal e Gratuita para todos os cidadáns deste país.
A política de recortes do goberno de Mariano Rajoy, en Madrid, e de Alberto Nuñez Feijoo, na Xunta de Galicia, é tan implacable que en só tres anos retrocedemos tres décadas. Aos tres meses de chegar ao goberno, dinamitaron a lexislación vixente co Real Decreto 16/2012 e iniciaron un camiño de privatización do sistema de longo calado.
Detrás destas decisións políticas, hai claramente unha ideoloxía neoliberal clasista que pretende agrandar o sector privado á costa de reducir o sector público, que pretende recuperar unha sanidade dualizada (asegurando a privada para os que poden pagala e outra de beneficencia para os que non imos poder pagala).

- Discriminación histórica da Atención Sanitaria
Os/as veciños/as do Morrazo, levamos máis de 25 anos padecendo unha discriminación en Atención Sanitaria sen precedentes en España, ao ter que recibir a prestación sanitaria pública nun Centro Privado.
-Ata fai moi poco, non dispoñíamos do máis que demandado servizo de Hado e Coidados Paliativos.
-As mulleres do Morrazo non todas podemos acudir á Unidade Multidisciplinar de Cancro de Mama do Meixueiro, cando nos diagnostican un cancro de mama.
-Continuamos soportanto, tormentosamente, as listas de espera quirúrxicas máis longa de toda Galicia.
Toda esta discriminación, conta co beneplácito da nosa Conselleira de Sanidade, a Srª Rocio Mosquera, que lle permite non cumprir o Decreto 104/2005, do 6 de maio de garantías de tempo mínimo na lista de espera.
Estos políticos, non teñen vergoña. Acaban de asinar, este pasado setembro, un Novo Concerto opaco, do que ocultan o prego de condicións dos compromisos que asumen ambas partes, constatando, unha vez máis, a maneira de proceder deste goberno, que actúa de costas aos cidadáns e amosan falta de transparencia no emprego do erario público.
O único que sabemos é que Povisa vai cobrar 90 millóns de euros anuais -máis IVE-, durante 10 anos e que, ao final do Concerto, sumará un montante de cartos públicos de 900 millóns de euros que sairán das nosas carteiras.

- Centro de Alta Resolución
A débeda histórica que ten a Consellería de Sanidade con Cangas, só comenzaría a saldarse, coa construción do prometido Centro de Alta Resolución, que permitiría descentralizar a actividade hospitalaria ou, o que é o mesmo, achegar os Servizos hospitalarios á poboación, sendo os especialistas quen se desplazarían ao CAR.
A importancia dun Centro destas caraterísticas radica, precisamente, na consulta única no mesmo acto asistencial, coa comodidade para os pacientes ao non ter que desplazarse ao hospital de referencia varias veces, unhas para realizar as probas e outras para coñecer os resultados.
Foi no 2008, cando a Consellería de Sanidade elabora un informe técnico favorable a súa construción, nunha parcela de 20.000 metros cadrados -de titularidade privada-, proposta polo Concello e situada nas proximidades do núcleo da Pedreira.
Coa chegada de Alberto Núñez Feijoo á Xunta de Galicia, no 2009, paralizase a contrución desta infraestrutura tan importante como necesaria para Cangas, non só dende un punto de vista asistencial senón tamén dende un punto de vista económico, pois nestes momentos de crise, suporía un nada desprezable investimento que axudaría a paliar os efectos do paro e da depresión que padecemos na nosa Comarca.

- Centro de Saúde Aldán - Hío
As parroquias de Aldán e do Hío, conforman un núcleo residencial claramente definido e diferenciado dentro do Concello de Cangas e que xira entorno a ría de Aldán.
As cinco mil cartillas destas dúas parroquias son un número suficientemente importante para que as desigualdades sanitarias que levan anos padecendo, con respeito ao resto da veciñanza do  municipio, rematen xa.
A loita dos/as veciños/as do Hío merece que este día de mobilización,  en contra dos recortes sanitarios, se visualicen nas rúas de Cangas, denunciando que o acordo do pleno do pasado 22 de decembro, celebrado a petición dos grupos da oposición, e en contra de todos os veciños, lle permitiu ao Señor Sotelo aprobar a rehabilitación da Casa da Unión, solución que está moi lonxe de solventar o problema sanitario que padece esta parroquia.
Tamén hoxe, volvemos saír á rúa para reclamar  o Centro de Saúde XA!

- Afectados pola Hepatite C
Dende a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Cangas queremos amosar o noso apoio e solidaridade aos/ás enfermos/as da Hepatite C e as súas familias, que están pasando por verdadeiros dramas humanos, por culpas das mentiras dos que nos gobernan. Xogan coa enfermidade e a dor, enredan e minten, antepoñendo os intereses económicos das multinacionais aos das persoas.
Non esquezamos que hoxe son elas e eles, pero mañán podemos ser calquera nos.
Compañeiras/os do Hío, Compañeiras/os da Plataforma de Afectados da Hepatite C, moita forza e unidade, non estades sós, eiquí está o pobo de Cangas con todos vós. 

0 comentarios:

SOS Sanidade Pública

C. de Saúde do Hío, XA!

C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!

Polo CAR para o Morrazo

Redes sociais

Síguenos

100% público

100% público

POVI$A: listas de espera

POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com
.

Informe POVISA

Kiko da Silva

Kiko da Silva

Alianza Social do Morrazo

Alianza Social do Morrazo

Páxinas vistas

Powered By Blogger