22 feb 2015
"As mulleres decidimos, as menores tamén" - Concentración en Cangas
Baixo o lema "As mulleres decidimos, as menores tamén" o luns, 23 de febreiro de 2015, ás 20h. diante do Concello de Cangas terá lugar unha concentración para amosar o noso rexeitamento á inminente modificación da lei do aborto polo goberno do PP. Convoca: Plataforma Aborto Libre Morrazo.
A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Cangas asistirá a esta convocatoria e anima á cidadanía a amosar o seu apoio, participando activamente.
Ante a proposta do grupo parlamentario do Partido Popular nas Cortes Españolas de modificar a Lei de Interrupción Voluntaria do Embarazo desde a Asociación Galega para Defensa da Sanidade Pública queremos manifestar:
1.- O noso rexeitamento á esixencia do consentimento expreso de quen exercen a patria potestade nas mozas de 16 a 18 anos, por que limita o acceso ao dereito ás mesmas á interrupción voluntaria do embarazo.
2.- Este cambio deixaría desprotexidas as mozas en situacións de risco social e familiar, ao atrasar a intervención ou a obrigalas a realizala na clandestinidade, poñendo en risco o seu saúde física e psicolóxica.
3.- O que fai a lei actual é facilitar que estas poidan acudir soas si existen motivos fundamentados, coa finalidade de protexelas ante situacións de desamparo familiar, malos tratos ou abusos sexuais no seo familiar.
4.- O Partido Popular mente ao afirmar que a lei vixente priva aos proxenitores da posibilidade de acompañar e orientar ás menores, dado que unicamente o 12% deste colectivo non lles informan.
5.- Ese cambio lexislativo baseado en falsidades pretende congraciar ao PP co seu electorado, a costa dos dereitos das mulleres máis novas e vulnerables.
6.- Desde a AGDSP esiximos ás autoridades sanitaria da Xunta de Galicia que se opoñan a este vergonzoso e vergonzante cambio lexislativo.
Asociacion Galega para a Defensa da Sanidade Pública
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Mi lista de blogs
C. de Saúde do Hío, XA!

Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!
100% público

POVI$A: listas de espera

Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com.
Webs adheridos
Kiko da Silva

Plataformas de Galicia
- SOS Sanidade Pública
- Plataforma Contra a Privatización - Pontevedra
- Plataforma en defensa da Sanidade Pública - Área do Ferrol
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Marín
- Asociación Pro Sanidade Digna de Ourense
Sindicatos da sanidade
Publicacións
Alianza Social do Morrazo

0 comentarios: