24 ene 2015

postheadericon Presentación do libro "La salud como negocio" en Cangas

O vindeiro 27 de xaneiro de 2015, ás 20.00 horas na Libraría Maraxe (Avenida de Marín, 9, Cangas) terá lugar a presentación do libro "La salud como negocio", na que participarán:

-Xerardo Dasairas Valsa, etnógrafo e historiador.

-Carmen Nores Maquieira, da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Cangas.

-María Luisa Lores Agüín, coautora do libro “La salud como negocio”.

-Manuel Martín García, coautor do libro “La salud como negocio”.

(Entrada libre)

Comentarios: 

"É un libro de combate e divulgación, que pretende denunciar o que están facendo os gobernantes coa nosa sanidade: executan un implacable desmantelamento do sistema público para xenerar espacios de negocio. Este proceso é de tal magnitude que pode deixar aos nosos sucesores sen a protección sanitaria que tanto costou construir ás xeracións precedentes a nos mesmos
(Os autores)

"Este libro é un dos mellores documentos que se publicou en España sobre o que está a acontecer na sanidade pública. É unha mina de información. Escrito dunha maneira amena, sinxelo de ler e comprender, coxuga paixón e compromiso pola xustiza social cun grande rigor e credibilidade na súa documentación. É, sen dúbida, un libro que se convertirá nun ponto de referencia para todos aqueles movimentos sociais que loitan para acadar un mundo e unha sanidade mellores. Debería ser de lectura obrigada nas instituciós do ensino do país."
(Vicenç Navarro)

"Esta obra constitúe unha lúcida e valente acción en defensa da cidadanía. A este combate fronte a tiranía contribúe, no laboratorio das ideas e na práctica da denuncia valente, este libro, unha obra colectiva dun grupo de profesionais comprometidos na defensa da sanidade pública." 
(Xosé Manuel Beiras)

Autores
-Sergio Fernández Ruiz. Vicepresidente da Asociación para a Defensa da Sanidade Pública de Madrid.


-María Luisa Lores Aguín. Especialista en Radioloxía Médica e membro da Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública (AGDSP). Na actualidad, traballa como radióloga do Complexo Hospitalario de Pontevedra.

-Manuel Martín García. Especialista en Medicina Familiar e Comunitaria. Portavoz de SOS Sanidade Pública e presidente da Federación de Asociaciones para a Defensa da Sanidade Pública (FADSP). Traballa como médico de familia en Marín (Pontevedra).

-Marciano Sánchez Bayle. Médico pediatra. Director do Observatorio de Políticas de Saúde, presidente de la International Association of Health Policy e portavoz da Federación de Asociaciones para a Defensa da Sanidade Pública (FADSP). Traballaa como pediatra en Madrid.

-Pablo Vaamonde García (coordinador). Especialista en Medicina Familiar e Comunitaria. Foi Director xeral de Asistencia Sanitaria do Servizo Galego de Saúde (Sergas). Na actualidad traballa como médico de familia no centro de saúde de Labañou (A Coruña)

0 comentarios:

SOS Sanidade Pública

C. de Saúde do Hío, XA!

C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!

Polo CAR para o Morrazo

Redes sociais

Síguenos

100% público

100% público

POVI$A: listas de espera

POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com
.

Informe POVISA

Kiko da Silva

Kiko da Silva

Alianza Social do Morrazo

Alianza Social do Morrazo

Páxinas vistas

Powered By Blogger