1 dic 2014

postheadericon Solicitamos que se amplíe o prazo sobre a libre elección de hospital

Charla en Cangas // Fonte: FdV
Ante Instrución 7/14 da Consellería de Sanidade, sobre a regulación do prazo e procedemento mediante o que os beneficiarios da Seguridade Social asignados ,a area de POVISA, poidan elixir libremente ao provisor de asistencia sanitaria especializada. queremos  manifestar:

- O goberno da Xunta coa firma dun novo concerto singular con Povisa por un período de 10 anos, dun xeito obscuro e antidemocrático, cando plantexan a apertura do Novo Hospital de Vigo para o próximo ano, acaba de  condenar aos usuarios do Morrazo, Val Miñor e Coia, novamente a estar encadeados a un hospital privado con menos recursos e carteira de servizos, dos que ten calquer hospital da rede pública sanitaria.


- Este goberno da Xunta,  segue potenciando o centro privado Povisa en contra dos cidadáns,  no soo coa decisión política de reducir o proxecto orixinal do Novo Hospital de Vigo para  manter a POVISA como hospital Xeral, senón incrementando o importe da asistencia,  hospital  que de cotío e cara a negociación do convenio Singular utiliza os usuarios de referencia e os traballadores como moeda de chantaxe par a negociación do convenio e que por un período de 10 anos mais van a sufrir estas consecuencias.


- Unha vez máis a prepotencia do Partido Popular encabezada pola Conselleira de Sanidade, non amosa ningún respecto os cidadáns e anuncian a firma do concerto sen información aos representantes políticos, sindicais e ás agrupacións de participación dos cidadáns co fin de que Povisa reciba 75 millóns de euros ó ano dos fondos públicos o que descapitaliza a Sanidade Pública, dos que unha parte pasarán ás contas dos accionistas como beneficio empresarial.


- Cando o Sergas afirma que este concerto histórico “blinda unha asistencia de calidade en Povisa” non aclara se os 120.000 usuarios van a seguir padecendo como ata agora as listas de espera, de consultas, diagnostico e quirúrxicas, máis longas de toda Galicia (200 dias na lista quirúxica fronte a 83 dias na Comunidade Autónoma) . Si van ter o resto de servizos dos que dispoñen os usuarios dos hopitais públicos, incluído os coidados paliativos.


A Plataformas pola Defensa da Sanidade Pública de Cangas, Moña, ValMiñor  e Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública   solicitamos:


  1. Da Consellería de Sanidade que se facilite aos usuarios de  Povisa, información detallada das novas condicións de asistencia sanitaria, mediante a entrega aos mesmos do texto íntegro do convenio, directamente nos Centros de Saúde, e a traveso do Concello, partidos políticos, sindicatos e movementos sociais.
  2. A ampliación do prazo de solicitude de cambio aos Hospitais Públicos, establecido na instrución 7/2014 de 1-9-14, ata o 30 de decembro de 2014.

Como defensores da Sanidade Pública, recomendamos  o paso masivo a un hospital público, que incialmente será o Xeral e o Meixoeiro,  antes de centralizar a asistencia no Novo Hospital de Vigo.


¿Por qué? Porque  o NHV, vai ser un hospital novo,  conta con mais medios tecnolóxicos, mais persoal, tódalas especialidades, salvo as de referencias dadas a Povisa (Queimados e MaxiloFacial, C. da Man).


A SAUDE NON PODE SER UN NEGOCIO É UN DEREITO REFLECTIDO NA CONSTIUTUCIÓN


Dossier de prensa: FdV

1 comentarios:

Anónimo dijo...

Canta mentira xunta, menos política e máis traballo.

SOS Sanidade Pública

C. de Saúde do Hío, XA!

C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!

Polo CAR para o Morrazo

Redes sociais

Síguenos

100% público

100% público

POVI$A: listas de espera

POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com
.

Informe POVISA

Kiko da Silva

Kiko da Silva

Alianza Social do Morrazo

Alianza Social do Morrazo

Páxinas vistas

Powered By Blogger