20 nov 2014

postheadericon Derradeira charla-coloquio sobre a libre elección de hospital no IES Rodeira

Este venres, 21 de novembro, voltamos a Cangas e estaremos no IES de Rodeira ás 19h. para concluir esta rolda de charlas, que estimamos están a dar os seus froitos, pola asistencia e polo número de usuarios/as que xa deron o salto á sanidade pública.

Dende as Plataformas en Defensa da Sanidade Pública do Morrazo continuamos á espera dunha resposta á nosa solicitude, rexistada o pasado 27 de outubro, onde pedimos unha reunión coa  Xerencia de Xestión Integrada do CHUVI  (EXOXI), para trasladar un informe sobre as inquedanzas que os/as veciños/as nos están a manifestar nas diferentes charlas-coloquio que estamos realizando por diferentes parroquias dos municipios de Cangas e Moaña: Hío, Coiro, Domaio e mañán Rodeira

Cabe salientar que dende as Plataformas tíñamos detectado unha reticencia ao cambio por parte dos/as usuarios/as no comezo deste proceso, producido sobre todo pola falta de información das institucións correspondentes.


O Sr. Xerente do EXOXI ten que ter coñecemento do importante número de veciños/as que tódolos días están asistindo aos seus respectivos Centros de Saúde (Cangas, Aldán e Moaña) para solicitar o cambio de hospital (de POVISA para o CHUVI e posteriormente ao Novo Hospital), según a Instrucción 7/2014 do SERGAS.

Dende a Plataforma vemos necesaria que dita información sexa tratada, na maior brevedade posible, para que tomen medidas e non se vexan desbordados e superados polas previsión feitas inicialmente.

Con toda seguidade, ao final do proceso podemos estar falando de preto de 2.000 usuarios/as que optan pola sanidade pública na nosa comarca, incluíndo tamén a do persoal sanitario do Meixoeiro e o Xeral que son residentes no Morrazo mais fixeron a xestión administrativa de cambio nas propias instalacións onde traballan. Estimamos, pois, que este número é o suficientemente importante para que o Sr. Xerente nos convoque con premura xa que, ademáis do anteriormente exposto, ainda son moitas as preguntas sen resposta e novas que se plantexan, tales como:

- Qué servizo de HADO nos vai a atender, en caso de necesitalo (o do hospital Xeral ou recentemente “fotografiado” de POVISA?

- Cómo van ser as comunicacións co Novo Hospital? Están xa previstas novas liñas de transporte público?  A poucos meses das datas comprometidas para a posta en funcionamento do Novo Hospital, nada sabemos de cales serán as nosas opcións de movilidade (unha traba máis para algunha persoas que ainda non decidiron cambiar á sanidade pública)  

7 comentarios:

Anónimo dijo...

por qué non pos o número de reclamacións que ten o Valedor do Povo do hospital Povisa?

Anónimo dijo...

Por que non teño ese dato. ¿Por qué non pos ti as reclamacións que teñen os hospitais públicos?

Anónimo dijo...

http://povisa.es/comunicacion-2/area-de-prensa/noticias/104-tvg-hospitalizacion-domicilio-moana

Anónimo dijo...

Por outra banda moitas gracias pola labor que facedes para que me quede sen traballo eu e 1.400 familias máis. Gracias por querer deixarme na rua a min e 1.400 máis. Ogalla non lle pase iso nunca nin a ti nin a tua familia, porque a min xa me pasou e verte na rua por culpa de xente que so mira a política en vez de mirar pola xente e a sociedade. Creo que deberiades de enfocar o tema de outra maneira e demandar mellor atención en todo os hospitais. Creo que en POViSA se dá moi boa atención e lóxicamente coma en todos os hospitais hai cousas que mellorar.

Anónimo dijo...

http://www.povisa.es/comunicacion-2/area-de-prensa/noticias/106-povisa-resonancia

Anónimo dijo...

Hoxe dixeronme que alguén que queira cambiarse para ir a POVISA non o pode facer, se isto é así menuda inxustiza non?. Uns poden elexir e outros non, vaia país.

Anónimo dijo...

Acabo de leer a instruccion7/14 e so se poden cambiar os que están en Povisa para outro. Non sei se se poderá cambiar do chuvi para povisa de outra maneira pero se non se pode vaia inxustiza.

SOS Sanidade Pública

C. de Saúde do Hío, XA!

C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!

Polo CAR para o Morrazo

Redes sociais

Síguenos

100% público

100% público

POVI$A: listas de espera

POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com
.

Informe POVISA

Kiko da Silva

Kiko da Silva

Alianza Social do Morrazo

Alianza Social do Morrazo

Páxinas vistas

Powered By Blogger