1 dic 2014

postheadericon Apoio ao persoal do Centro de Saúde de Cangas/HADO

Centro de Saúde de Cangas // Fonte:FdV
Dende a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Cangas queremos amosar, en primeiro lugar, a nosa ledicia por la posta en marcha do servizo de HADO no Morrazo.

Un servizo que chega mal, tarde e a rastras e que dende este colectivo de usuarios levamos reivindicando dende fai anos, incluíndo  denuncias por discriminación, interpostas perante o Valedor do pobo en  2011.

Esta posta en marcha do servizo HADO no Morrazo é feita sen luz e taquígrafo pero moitos flashes.

Unha vez máis, reclamamos que se faga público o Concerto que o SERGAS asinaba con POVISA en setembro, e denunciamos o oscurantismo que practica a Consellería de Sanidade na ocultación de infomación que os usuarios temos dereito a coñecer, e no que tamén figuran as condicións asinadas do servizo de HADO, que hoxe poñen en tela de xuizo os/as traballadores/as do Centro de Saúde de Cangas ao descoñecer as tarefas/deberes que lles corresponden.


Dende a Plataforma, tamén entendemos que a atención por este servizo debe ser desempeñada por POVISA e non polo persoal de atención primaria, que só se fará cargo do paciente, cando reciba a alta hospitalaria.

Esta situación, provocada pola falta de información, está a crear un conflicto entre os traballadores e o SERGAS ao non dispoñer de algo tan sinxelo e necesario como é un protocolo de actuación, tal como denuncia o persoal do centro.

A nosa experiencia nesta loita pola sanidade pública, fainos desconfiar tanto de POVISA como do SERGAS e moito nos tememos que, unha vez máis, dende as institucións públicas se está a favorecer a unha empresa privada ao liberar dunha carga de traballo a POVISA, que pode ser traducido na contratación de menos persoal e na mellora dos ratios de hospitalización, que hoxe este centro hospitalario privado suspende con moita diferenza sobre a sanidade pública. Carga de traballo que pretenden que asuma o persoal da sanidade pública, xa moi maltratados polos recortes aplicados dende a Consellería e do Ministerio de Sanidade.

Amosamos, pois o noso apoio aos/as traballadores/as do centro de saúde de Cangas porque a súas reivindicacións son as mesmas reinvindicacións que esta plataforma ten na defensa da sanidade pública, porque non debemos esquencer que, un/unha traballador/a, con sobrecarga de traballo nunca poderá ofrecer unha atención de calidade aos pacientes, e quizáis tamén debamos lembrar ao SERGAS que o que poñemos nas súas mans é a nosa saúde.


Dossier de prensa:

    - ViaTV: 


1 comentarios:

Anónimo dijo...

Sobrecarga de traballo non, pero aue rasquen os collóns tampouco que eu pago meus impostos para que traballen.

SOS Sanidade Pública

C. de Saúde do Hío, XA!

C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!

Polo CAR para o Morrazo

Redes sociais

Síguenos

100% público

100% público

POVI$A: listas de espera

POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com
.

Informe POVISA

Kiko da Silva

Kiko da Silva

Alianza Social do Morrazo

Alianza Social do Morrazo

Páxinas vistas

Powered By Blogger