2 nov 2014
Listas de espera en POVISA
Nestes días os responsables do Sergas poñen en
valor a evolución, máis ou menos, positiva das listas de espera nos hospitais
públicos do sistema pero existe un clamoroso silencio sobre as listas de espera
no Hospital de Povisa que atende a 140.000 usuarios do Sergas na área de Vigo.
Na
páxina web do Sergas aparece só a lista de espera de cirurxía neste Hospital, a
de consultas é un secreto de estado como o propio convenio asinado con este
centro privado.
Duna simple
ollada as mesmas sácanse unhas claras conclusións que explican a negativa do
Sergas a avalialas, cando son da súa única responsabilidade.
A media de espera
en Povisa é de 199,99 días fronte os 114
dos CHUVI , chegando a duplicala nalgún caso.
En Anxioloxía,
cirurxía vascular, plástica, traumatoloxía ou oftalmoloxía a espera pasa dos
200 días, superando en 140 a
do CHUVI en cirurxía xeral e dixestiva.
Estes datos son
de moi alto interese para a cidadanía no Morrazo cando estamos en pleno proceso
de opción entre este Hospital privado e o sistema público.
Resulta
significativo saber que a actividade cirúrxica nos quirófanos de Povisa é
altísimo, 109 intervencións por 1000 habitantes, segundo os parámetros oficiais,
superando nun 58% a media dos hospitais do Sergas...A explicación é que os
medios humanos, técnicos e financiamento a cargo do Sergas son utilizados para
os pacientes privados o que explica a elevada lista de espera dos usuarios do
Morrazo.
Pero de esta
sinxela análise, sácase tamén outra información relevante.
Se estas en
POVISA e precisas dunha intervención cardíaca,
pediátrica ou torácica terás que ir aos Hospitais Públicas: Povisa non ten
esas especialidades.
Pero ademais
alguén ven desprazado ou precisas
consulta de psiquiatría, obstetricia, tuberculose ou patoloxías
respiratorias...tampouco vante a atender en Povisa, terás que desprazarte a un
Hospital Público. Povisa non cubre esta atención.
A plataforma
considera excesivas as listas de espera do CHUVI pero considera escandalosas as
de Povisa, e denuncia a opacidade da espera en consultas, recomendando o pase
aos hospitais públicos cando xa temos que acudir a eles para moitos servizos
que Povisa non presta e temos que
pagalos aparte.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Mi lista de blogs
C. de Saúde do Hío, XA!

Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!
100% público

POVI$A: listas de espera

Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com.
Webs adheridos
Kiko da Silva

Plataformas de Galicia
- SOS Sanidade Pública
- Plataforma Contra a Privatización - Pontevedra
- Plataforma en defensa da Sanidade Pública - Área do Ferrol
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Marín
- Asociación Pro Sanidade Digna de Ourense
Sindicatos da sanidade
Publicacións
Alianza Social do Morrazo

0 comentarios: