6 nov 2014
Charla - Coloquio sobre a libre elección de hospital en O Hío

Manuel Martín García
Portavoz de SOS Sanidade Pública
Carmen Nores
Portavoz da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública
de Cangas
José Penelas
Membro da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de
Cangas
Para informar á
veciñanza de O Hío do proceso sobre a libre elección de hospital, mediante a instrucción
do SERGAS 7/2014 e recoller as inquedanzas
e preguntas dos cidadáns en relación a este proceso para facerllas chegar ao
Xerente do EXOXI de Vigo.
Dende a Plataforma
continuamos á espera dunha resposta á nosa petición, rexistada o pasado 27 de
octubro de 2014, na que solicitábamos unha reunión coa Xerencia de
Xestión Integrada do CHUVI.
Nesta reunión
queremos trasladar as inquedanzas e preguntas ás que non podemos
dar resposta dende este colectivo.
Descoñecemos, por
exemplo, cal será a distribución dos diferentes servizos no Hospital Xeral, no Meixoeiro,
Nicolás Peña e no novo hospital, ou xa as mencionadas dúbidas que rodean á
perda das lista de espera, consultas, probas diagnósticas, etc...
Tamén lle queremos
trasladar que, a pesar da falta de información veraz e contrastada e coas
garantías democráticas secuestradas por parte da Consellería de Sanidade nun
proceso de vital importancia para a cidadanía, as solicitudes de cambio se están
a producir en O Morrazo de forma masiva.
Iso, ten unha única
lectura da que as institucións deben tomar boa nota:
Perante este momento histórico, O Morrazo dí sí a sanidade 100% pública e
de calidade e non ao oscurantismo que rodea ao concerto que o SERGAS asinaba
recentemente con POVISA con pouca luz e parece que sen taquígrafos.
Una
vez máis queremos reiterar que o prazo para o cambio de hospital remata o
vindeiro trinta de novembro e que todos os interesados se poden dirixir ao seu
Centro de Saúde, onde os traballadores informarán de como cumplimentar a
solicitude da Instrucción 7/14, que deberá ser presentada por duplicado,
adxuntando fotocopia do DNI (no momento da súa presentación, tamén lles
solicitarán a presentación da tarxeta sanitaria).

Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Mi lista de blogs
C. de Saúde do Hío, XA!

Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!
100% público

POVI$A: listas de espera

Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com.
Webs adheridos
Kiko da Silva

Plataformas de Galicia
- SOS Sanidade Pública
- Plataforma Contra a Privatización - Pontevedra
- Plataforma en defensa da Sanidade Pública - Área do Ferrol
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Marín
- Asociación Pro Sanidade Digna de Ourense
Sindicatos da sanidade
Publicacións
Alianza Social do Morrazo

0 comentarios: