30 oct 2014
O consultorio médico de O Hío un “proxectiño” que non resolve o problema
Novamente, pola prensa,
volvemos coñecer a intención do Sr. Sotelo, Alcalde do noso Concello, de
emprender a reforma da antiga Casa do Médico de O Hío para habilitala como
“consultorio médico”.

Na
sesión plenaria de este venres, o Sr. Alcalde ben podería aproveitar para
explicar á veciñanza de O Hío a afirmación feita hai uns días na prensa na que
considera que os terreos de O Viso “non son bos nin para O Hío nin para Aldán”.
É certo que en numerosas ocasión expresou que o ponto idóneo para a
construcción do Centro de Saúde O Hío - Aldán sería Vilariño, próximo á parroquia
de O Hío, mais tamén é certo que unha vez feita a importante inversión (400.000€)
por parte do Concello de Cangas, na compra dos terreos de O Viso, recén elexido
Alcalde, comprometeuse coa veciñanza a levar a cabo o proxecto inicial, adiantando
que as obras estarían rematadas a finais do ano 2012.
Dous
anos despois da data comprometida para a súa finalización, os veciños e as veciñas de O Hío lonxe de ver “a primeira pedra” do proxecto inicial colocada, comproban atónitos que no seu lugar, se plantexa un “proxectiño” máis propio de
mediados do século XX e do que a veciñanza de O Hío descoñecen tódolos detalles.
Esta
maneira de proceder resulta totalmente antidemocrática e inaceptable, por iso
lle pedimos o señor Alcalde que dé explicación no Pleno e que informe á
cidadania de:
1. Que
cantidade de diñeiro vaise gastar na obra de rehabilitación da vella Casa do Médico de O Hío e de onde proceden os fondos para financiala
2. Dar a
coñecer á venciñanza de O Hio do proxecto da antiga Casa do Médico.
Para a
obra da reforma da envergadura que se anuncia, presumiblemente vaise dilapidar
unha cantidade inxente de fondos públicos para non resolver o problema de
fondo, que son os déficits de infraestruturas sanitarias que padece Aldán e O
Hio; ademáis de hipotecar a única
solucion razobable que solicitan os/as veciños/as afectados/as.
Dende a
Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Cangas valoramos que o Señor
Sotelo SÍ CAMBIOU DE POSTURA:
Xa que
o Partido Popular presentouse diante dos/as veciños/as cun progama que agora
incumpre.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Mi lista de blogs
C. de Saúde do Hío, XA!

Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!
100% público

POVI$A: listas de espera

Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com.
Webs adheridos
Kiko da Silva

Plataformas de Galicia
- SOS Sanidade Pública
- Plataforma Contra a Privatización - Pontevedra
- Plataforma en defensa da Sanidade Pública - Área do Ferrol
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Marín
- Asociación Pro Sanidade Digna de Ourense
Sindicatos da sanidade
Publicacións
Alianza Social do Morrazo

0 comentarios: