20 nov 2014
Derradeira charla-coloquio sobre a libre elección de hospital no IES Rodeira
Este venres, 21 de novembro, voltamos a Cangas e estaremos no IES de Rodeira ás 19h. para concluir esta rolda de charlas, que estimamos están a dar os seus froitos, pola asistencia e polo número de usuarios/as que xa deron o salto á sanidade pública.
Dende as Plataformas en Defensa da Sanidade
Pública do Morrazo continuamos á espera dunha resposta á nosa solicitude,
rexistada o pasado 27 de outubro, onde pedimos unha reunión coa Xerencia de Xestión Integrada do CHUVI (EXOXI), para trasladar un informe sobre as
inquedanzas que os/as veciños/as nos están a manifestar nas diferentes charlas-coloquio
que estamos realizando por diferentes parroquias dos municipios de Cangas e
Moaña: Hío, Coiro, Domaio e mañán Rodeira
Cabe salientar que dende as Plataformas tíñamos
detectado unha reticencia ao cambio por parte dos/as usuarios/as no comezo
deste proceso, producido sobre todo pola falta de información das institucións
correspondentes.
O Sr. Xerente do EXOXI ten que ter coñecemento
do importante número de veciños/as que tódolos días están asistindo aos seus
respectivos Centros de Saúde (Cangas, Aldán e Moaña) para solicitar o cambio de
hospital (de POVISA para o CHUVI e posteriormente ao Novo Hospital), según a
Instrucción 7/2014 do SERGAS.
Dende a Plataforma vemos necesaria que dita
información sexa tratada, na maior brevedade posible, para que tomen medidas e
non se vexan desbordados e superados polas previsión feitas inicialmente.
Con toda seguidade, ao final do proceso podemos
estar falando de preto de 2.000 usuarios/as que optan pola sanidade pública na
nosa comarca, incluíndo tamén a do persoal sanitario do Meixoeiro e o Xeral que
son residentes no Morrazo mais fixeron a xestión administrativa de cambio nas
propias instalacións onde traballan. Estimamos, pois, que este número é o
suficientemente importante para que o Sr. Xerente nos convoque con premura xa
que, ademáis do anteriormente exposto, ainda son moitas as preguntas sen
resposta e novas que se plantexan, tales como:
- Qué servizo de HADO nos vai a atender, en
caso de necesitalo (o do hospital Xeral ou recentemente “fotografiado” de
POVISA?
- Cómo van ser as comunicacións co Novo Hospital? Están xa previstas novas liñas de transporte público? A poucos meses das datas comprometidas para a posta en funcionamento do Novo Hospital, nada sabemos de cales serán as nosas opcións de movilidade (unha traba máis para algunha persoas que ainda non decidiron cambiar á sanidade pública)
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Mi lista de blogs
C. de Saúde do Hío, XA!
100% público
Webs adheridos
Kiko da Silva
Plataformas de Galicia
- SOS Sanidade Pública
- Plataforma Contra a Privatización - Pontevedra
- Plataforma en defensa da Sanidade Pública - Área do Ferrol
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Marín
- Asociación Pro Sanidade Digna de Ourense
7 comentarios:
por qué non pos o número de reclamacións que ten o Valedor do Povo do hospital Povisa?
Por que non teño ese dato. ¿Por qué non pos ti as reclamacións que teñen os hospitais públicos?
http://povisa.es/comunicacion-2/area-de-prensa/noticias/104-tvg-hospitalizacion-domicilio-moana
Por outra banda moitas gracias pola labor que facedes para que me quede sen traballo eu e 1.400 familias máis. Gracias por querer deixarme na rua a min e 1.400 máis. Ogalla non lle pase iso nunca nin a ti nin a tua familia, porque a min xa me pasou e verte na rua por culpa de xente que so mira a política en vez de mirar pola xente e a sociedade. Creo que deberiades de enfocar o tema de outra maneira e demandar mellor atención en todo os hospitais. Creo que en POViSA se dá moi boa atención e lóxicamente coma en todos os hospitais hai cousas que mellorar.
http://www.povisa.es/comunicacion-2/area-de-prensa/noticias/106-povisa-resonancia
Hoxe dixeronme que alguén que queira cambiarse para ir a POVISA non o pode facer, se isto é así menuda inxustiza non?. Uns poden elexir e outros non, vaia país.
Acabo de leer a instruccion7/14 e so se poden cambiar os que están en Povisa para outro. Non sei se se poderá cambiar do chuvi para povisa de outra maneira pero se non se pode vaia inxustiza.