18 oct 2014

postheadericon O HADO no Morrazo



Fonte: FdV
Fronte a Atención domiciliaria, de competencia exclusiva da Atención Primaria – os médicos de cabeceira- o HADO (HOSPITALIZACION A DOMICILIO) atende pacientes que precisan coidados intensos ou complexos ao saír do hospital e que non poden ser asumidos polos médicos de primaria. Este servizo existe no pais desde o ano 1982 e na area de Vigo – Meixoeiro e Xeral- desde os anos 90.
Os cidadáns do Morrazo, por estar obrigatoriamente en Povisa, fomos excluídos deste servizo durante todos estes anos, simplemente por vivir aquí e a pesar de pagar nosas cotas e impostos igual que os demais. 

E despois de 20 anos de discriminación intolerable veñen os Directivos de POVISA, xa instalados no C.Saúde de Moaña, e nos explican que la forma de financiación del anterior concierto de Povisa no lo permitía, pero ahora ellos compraron el servicio y nosotros lo prestamos”...? 

Como Plataformas vimos reivindicando este servizo e esixindo explicacións en todos os ámbitos, e as respostas sempre foron outras. Fai un ano a Delegada da Xunta, en reunión formal coa Xerencia do Chuvi, manifestounos oficialmente que era un problema estrutural do servizo, que as “isocronas de actuación” só chegaban a Rande...Máis recentemente o Valedor do Povo, reflectindo información do propio Sergas, insistía na explicación e que este problema estaba en vías de solución... Pois resulta que a Delegada da Xunta e o Sergas mentiron descaradamente as Plataformas e ao Defensor. Simplemente non estaba no anterior acordo con Povisa e, por iso non se prestaba. 

No xeito tan singular que ten o Sergas de tratar ao Morrazo , agora vanse mesturar nesta área a atención primaria, os coidados paliativos e a hospitalización domiciliaria para atender aos pacientes de POVISA, creando unha nova discriminación: Quen vai a prestar este servizo aos usuarios que, tendo a atención primaria nos Centros de Saúde de Cangas e Moaña, pasemos aos hospitais públicos da area? O HADO privado de Povisa- fora do concerto- ou van a ser os HADOS de Vigo que salten as “isocronas de Rande”? 

A discriminación colectiva e aos danos persoais causados sumase a ocultación e o engano sistemático xa que sempre se nos ocultou o verdadeiro motivo, do mesmo xeito que agora se oculta o convenio actual no que, segundo din os Directivos de Povisa, “xa compraron o HADO”...e non haberá máis letra pequena? 

Quen garante que este persoal e medios privados, cos letreiros ben visibles de Povisa, só prestará atención aos usuarios da sanidade pública e non aos seus clientes privados? 

Onde estao as Comisións de Control que establece a lei? Cales son as cláusulas do Concerto? Por qué non se pon en marcha o Car ou os Centros de Saúde de Moaña e o Hío? Non dependerán tamén do acordo secreto con Povisa? 

Cando tanto e durante tanto tempo se nos teñen agachado os verdadeiros compromisos do Sergas con Povisa, facendo acordos secretos cos nosos cartos e coa nosa saúde, estamos perfectamente lexitimados para ter fondas dúbidas sobre a posibilidade de  prácticas ocultas contra dos dereitos dos cidadáns e desde logo vese unha clara intencionalidade de crear suficiente confusión entre os usuarios para que non opten pola sanidade pública.

0 comentarios:

SOS Sanidade Pública

C. de Saúde do Hío, XA!

C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!

Polo CAR para o Morrazo

Redes sociais

Síguenos

100% público

100% público

POVI$A: listas de espera

POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com
.

Informe POVISA

Kiko da Silva

Kiko da Silva

Alianza Social do Morrazo

Alianza Social do Morrazo

Páxinas vistas

Powered By Blogger