16 oct 2014

postheadericon Escurantismo e desinformación rodean o concerto con POVISA e a libre elección de hospital



Viñeta de El Roto

A veciñanza do Morrazo non nos merecemos o trato que estamos a recibir por parte da Consellería de Sanidade que, con comunicados de prensa, lonxe de informar dos nosos dereitos en materia sanitaria realizan declaracións insensatas como por exemplo as publicadas o xoves, 2 de outubro, perante a petición feita polas Plataformas en Defensa da Sanidade Pública do Morrazo, na que se solicitaba información veraz sobre o proceso de cambio de Hospital a aqueles pacientes que opten polos servicios da sanidade pública e que na actualidade están pendentes de probas, unha consulta ou en lista de espera cirúrxica en Povisa .


A resposta coñecémola lamentablemente polos medios de comunicación: aqueles pacientes que soliciten o cambio, e que están en listas de espera, perderán as súas citas nos procesos iniciados e, lonxe de buscar unha solución adecuada entre os dous hospitais implicados, a Conselleria de Sanidade confunde e amedrenta á cidadanía á hora de tomar a súa decisión: De maneira coactiva fanse declaracións gratuitas como que os especialistas do Chuvi que se fagan cargo dos traslados de Povisa “poderían non compartir os criterios” do anterior facultativo.

En definitiva, por desinformación ou información confusa, dende a Administración están a sementar o medo para que os pacientes continúen padecendo unha sanidade con menos prestacións, favorecendo a unha empresa privada a que se lle permite engrosar as listas de espera, dispoñer de menos carteira de servizos e menos ratios de camas e persoal que os hospitais públicos e cun desembolso económico do devandito concerto -que semella terse asinado nunha trastenda- comparable á construción de 2 hospitais novos.


Non esquecemos que moitos dos actuais reponsables políticos foron os mesmos que a principios dos noventa sectorizaron a asistencia sanitaria da comarca do Morrazo ao hospital de Povisa sen posibilidade algunha de elección. O noso presidente Dº Alberto Nuñez Feijoo era por aquel entón o responsable do Sergas e polo tanto responsable de negociar con Povisa o primeiro concerto singular .


Dende as Plataformas do Morrazo non entendemos o interese que a Consellería de Sanidade poda ter na ocultación do Concerto particular con Povisa, saltándose a obrigatoriedade como calquera Administración Pública de facer público o prego de condicións de tódolos contratos públicos que asina , negándonos aos usuarios/as o noso dereito o seu coñecemento.


A Consellería non explica porque incumpre A Lei 8/2008, do 10 de xullo,de saúde de Galicia, Capitulo II, Artigo 9 na que se recolle no seu punto 3 que “O dereito á información sobre os seus dereitos, deberes, servizos e programas do Sistema Público de Saúde de Galicia...” e o apartado c) “Dereito a coñecer a carteira de servizos como marco de compromiso entre o centro sanitario e os seus usuarios e usuarias.


Os responsables do Sergas nos din que podemos elixir hospital máis pretenden, que o fagamos á cegas, xa que na Instrución 7/14 que temos que cuplimentar nas súas cláusulas faise referencia a puntos do Concerto que os usuarios/as descoñecemos.


O escurantismo practicado nesta tormentosa -para os pacientes- relación entre POVISA e a Consellería de Sanidade vai máis aló. Dende a Plataforma queremos lembrar tamén que todos os usuarios da sanidade pública temos a nosa carteira de servizos publicados polo Ministerio de Sanidade e Consumo no REAL DECRETO 1030/2006, de 15 de setembro. Os usuarios que reciben asistencia sanitaria en Povisa e que proveñen da pública descoñecen a súa carteira de servizos nese hospital.


O que si teñen claro os veciños/as do Morrazo é que levamos padecendo unha discriminación sen precedentes en España: 25 anos sen Servizos de HADO e Coidados Paliativos, as mulleres seguiremos sen poder acudir á Unidade Multidisciplinar do Cancro de Mama do Meixueiro e, todos nos, soportando as listas de espera máis longas do pais permitíndolle o Sergas un flagrante incumprimento o Decreto 104/2005 do 6 de maio de garantías de tempo mínimo de espera nas listas de espera co beneplácito da Sra. Conselleira que non fai nada para remedialo.


A Plataforma en Defensa de Sanidade Pública de Cangas saúda a creación da xanela informativa no Concello de Cangas, despois do compromiso adquirido polo Sr. Alcalde na sesión plenaria celebrada o 26 de setembro, perante a nosa proposta e presentada como moción polos grupos municipais da oposición, na que se solicitaba, entre outros puntos, para que os usuarios interesados puidesen informarse ao respecto do cambio de hospital.
Fonte:FdeV


A foto do Alcalde de Moaña non é máis que iso: unha foto máis as que nos ten xa lamentablemente acostumados detrás da cal non hai nada, sobre todo información para os cidadáns que é o que demandamos.


Máis cremos que é un xesto insuficiente e as Plataformas do Morrazo esiximos aos nosos alcaldes que se poñan ao fronte nas esixencias da publicidade do Concerto e sentarse na Comisión de de Seguimento e Participación Cidadá tal como pedimos nas nosas Mocións para ser garantes dos nosos dereitos.

0 comentarios:

SOS Sanidade Pública

C. de Saúde do Hío, XA!

C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!

Polo CAR para o Morrazo

Redes sociais

Síguenos

100% público

100% público

POVI$A: listas de espera

POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com
.

Informe POVISA

Kiko da Silva

Kiko da Silva

Alianza Social do Morrazo

Alianza Social do Morrazo

Páxinas vistas

Powered By Blogger