22 oct 2014

postheadericon Charla - Coloquio sobre a libre elección de hospital



A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública convoca a veciñanza de Cangas mañán xoves, 23 de outubro de 2014, ás 19:30 horas, no Salón de Plenos do Concello de Cangas,  a unha charla-coloquio sobre o  novo acordo entre o SERGAS e POVISA (asinado a principios de setembro) e a libre elección de hospital por medio da Instrucción SERGAS 7/2014, na que podemos optar a elexir como hospital de referencia o CHUVI.


Nesta charla-coloquio, ademáis de membros da Platarforma en Defensa da Sanidade Pública de Cangas, INTERVIRÁN:

Manuel Martín García

Portavoz de SOS Sanidade Pública



Jesús Araujo Nores

Membro de SOS Sanidade Público

Médico otorrinolaringólogo do CHUVI



María Luisa Lores

Membro de SOS Sanidade Pública

Médica Radióloga do Hospital Montecelo


A absoluta falta de garantías democráticas do proceso aberto ata o 30 de novembro para solicitar a adscrición ao hospital de referencia no CHUVI; pola falta de información aos usuarios e pola ocultación do contido do Concerto aos axentes sociais fan de esta unha oferta trampa de "libre elección".

Esta falta de información vulnera a Lei de Contratos do Estado e os dereitos da población, que debe decidir a súa adscripción ao centro ou elexir a sanidade pública sen coñecer as condicións da oferta do mesmo e á que se chantaxea coa ameaza de perder o seu posto nas listas de espera si opta polo CHUVI. A chantaxe tamén se extende aos traballadores de POVISA, aos que se ameazou durante a negociación co despido, en caso de non chegar a un acordo.


O desequilibrio entre unha política de "austeridade" que limita e recorta os medios que garantan a calidade da atención sanitaria fronte a “xenerosidadade” do negocio de 75 millóns de euros anuais, pagando 540 euros por cartilla, fagan ou non uso dos servizos de POVISA.


Este concerto, ademáis de custoso, supón perpetuar a discriminación da poboación adscrita que, ademáis de menos recursos por habitante (16% menos camas/habitante y 20% menos médicos/ habitante, 30% menos médicos/ cama y 28% menos persoal/ cama), non oferta servizos como psiquiatría, ciruxía torácica, tuberculose e outras patoloxías respiratorias. Ademáis, a sua lista de espera duplica e en ocasións tripica ás do resto do área (a espera media quirúxica oscila entre os 150 e 350 días).



Ao parecer (o acordo non se fixo público, por tanto non podemos confirmar esta filtración), este concerto incorpora unha cláusula que vulnera a Ley de Garantías Sanitarias aprobada recentemente pola Xunta de Galicia, que fixa en 60 días o máximo de espera quirúrxica e permite a POVISA unha espera tres veces maior (175 días), atentando á equidade e a racionalidade.



É inaceptable que para renovar o concerto con POVISA e manter as 400 camas, se teña recortado sustanciamente o proxecto inicial do Novo Hospital de Vigo, que estaba destinado a integrar todos os recursos hospitalarios do área nunha única estructura organizativa e funcional, privándoo do seu carácter estratéxico e de ser o centro de referencia avanzada en diferentes especialidades.



Desde a Plataforma, esiximos, que se fagan públicas as condicións do concerto con POVISA de maneira inmediata, porque a poboación ten dereito a estar informada antes de decidir sobre a súa asistencia sanitaria, porque o seu custo ameaza a sostenibilidadade da sanidade pública da área e porque temémonos que vulnere a legalidade.

0 comentarios:

SOS Sanidade Pública

C. de Saúde do Hío, XA!

C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!

Polo CAR para o Morrazo

Redes sociais

Síguenos

100% público

100% público

POVI$A: listas de espera

POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com
.

Informe POVISA

Kiko da Silva

Kiko da Silva

Alianza Social do Morrazo

Alianza Social do Morrazo

Páxinas vistas

Powered By Blogger