17 jun 2014

postheadericon Desmantelamento e privatización do laboratorio do Novo Hospital de Vigo

Ante a información sobre o proxecto do Sergas de deixar sen laboratorio Central ao Novo Hospital de Vigo a Asociación Galega para a Defensa da Sanidade quere comunicar á opinión pública e profesional que:
  1. O Novo Hospital de Vigo non terá laboratorio central, que se situará no Meixoerio (a varios quilómetros deste), ao mesmo tempo que as probas analíticas máis avanzadas adxudicáronse a un laboratorio privado (CERBA Internacional) propiedade da multinacional UNILABS-CAPIO.
  2. Un dos grandes beneficiarios desta decisión é o propio xefe de servizo do laboratorio do Hospital Meixoeiro (que apoia a medida malia a oposición de gran parte dos profesionais) que pasara a dirixir os actuais laboratorios de análises clínicas, hematoloxía e microbioloxía dos dous hospitais, o que multiplicará o seu poder. Segundo afirma públicamente este profesional, a concentración de laboratorios irá acompañada dunha redución de persoal. Diferentes publicacións sanitarias informaron de que a concentración de laboratorios e os recortes de persoal dos mesmos, na CCAA de Madrid (pionera nestas medidas) han ir acompañados de graves erros e atrasos nas probas analíticas.
  3. "Paradoxalmente" este xefe de servizo, gran beneficiario da medida, compaxina a súa responsabilidade no hospital público co seu traballo como profesional no laboratorio MEDILAB, propiedade da compañía farmacéutica multinacional ITAL-Fármaco S.A. Dáse a circunstancia de que o fondo de investimento CVC-CAPIO adquiriu os laboratorio MEDILAB, onde traballa este señor.
  4. Este mesmo fondo de investimento, CVC-Capio, é propietario de UNILABS, empresa privada que xestiona os laboratorios privatizados en Madrid, de CERBA Internacional, empresa privada que gestiona o laboratorio Central de Galicia e de MEDILABS, laboratorio que non só contratou ao xefe de Laboratorio do Hospital Meixoeiro senón tamén ao xefe de servizo do Complexo Hospitalario de Pontevedra. Por todo iso, non é de estrañar o apoio destes responsables ao desmantelamento e privatización dos laboratorios públicos en Galicia.

En resumo:

  • O Novo Hospital de Vigo quedarase sen laboratorio central, o que repercutirá na calidade da atención (como se publicou reiteradamente en múltiples publicacións sanitarias)
  • O laboratorio do Meixoeiro centralizara todos os actuais laboratorios, medida que irá acompañada de importantes reducións no persoal de persoal (aforro a costa da calidade)
  • O responsable do laboratorio centralizado do Meixoeiro está vinculado á mesma multinacional á que se adxudicou o Laboratorio Central de toda Galicia, que quedará en mans de fondos de investimento internacional.

0 comentarios:

SOS Sanidade Pública

C. de Saúde do Hío, XA!

C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!

Polo CAR para o Morrazo

Redes sociais

Síguenos

100% público

100% público

POVI$A: listas de espera

POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com
.

Informe POVISA

Kiko da Silva

Kiko da Silva

Alianza Social do Morrazo

Alianza Social do Morrazo

Páxinas vistas

Powered By Blogger