27 oct 2014

postheadericon A Plataforma inicia unha rolda de charlas sobre a libre elección do hospital polo Morrazo

A Plataforma en Defensa de Sanidade Pública de Cangas quere agradecer o interese que manifestou a veciñanza de Cangas ao acudir masivamente, o pasado xoves, á charla coloquio que esta Plataforma celebrou no Salón de Plenos do Concello para tratar o tema da libre elección de Hospital. Presumiblemente, o vindeiro 06 de novembro, en Moaña, reeditaremos a Charla-Coloquio e volveremos contar coa presenza de: Manuel Martín García, Jesús Araujo Nores e María Luisa Lores que nos continuarán a axudar a esclarecer moitas das dúbidas nas que nos encontramos no que respeita a libre elección de hospital e tamén ao controvertido Concerto de Povisa.

A información é tan patente e necesaria que entendemos as dúbidas lóxicas que teñen os/as veciños/as ante un feito histórico que xe lles presenta, pois cabe lembrar que nunca antes tiveron a posibilidade de escoller a sanidade pública que por dereito lles corresponde.

A Consellería de Sanidade debe tomar boa nota das inquedanzas dos/as veciños/as do Morrazo que a pesares de facer unha convocatoria con opacidade, penalización e desinformación do proceso da elección de hospital, existe un grande interese de informarse para poder decidir libremente, coas garantías democráticas que un proceso de tal importancia require e que ainda brilan pola súa ausencia cando falta menos de un mes para que finalice o prazo establecido polo SERGAS, ainda que por activa e por pasiva se solicitou dende esta Plataforma e por medio dos grupos parlamentarios da oposición.

A Plataforma en Defensa da Sanidade Publica recolle ese interese da veciñanza e é consciente de que son moitísimas as preguntas que quedaron sen resposta na charla-coloquio do pasado 23 de outubro, polo que va iniciar unha rolda de charlas-coloquio por todas as asociacións de veciños/as e outros colectivos que amosen o seu interese, con dous claros obxetivos:

1.- Como vimos denunciando en reiteradas ocasións, dada a falta de información ou desinformación por parte do SERGAS, convén informar á cidadanía do proceso sobre a libre elección de hospital. Mediante a instrucción do SERGAS 7/2014

2.- Recoller as inquedanzas e preguntas dos cidadáns en relación a este proceso para facerllas chegar ao Xerente do OEOXI de Vigo.

Unha vez rematada esta rolda de charlas polo Morrazo, esperamos poder reunirnos coa Xerencia de Xestión Integrada do CHUVI a quen  trasladaremos o informe resultante destes coloquios coas preguntas e inquedanzas da veciñanza e que xa nos comezaron a achegar, como son as dúbidas que rodean á perda das lista de espera, consultas, probas diagnósticas, etc...

Dende a Plataforma estamos á espera de confirmación da nosa petición, presentada por rexistro esta mesma mañán, solicitando a  mencionada reunión e que se lle facilite a todas as asociacións de Cangas e Moaña unha visita guiada polo novo hospital en Bembrive.

Queremos lembrar que o prazo para o cambio de hospital remata o vindeiro trinta de novembro e que todos os interesados se poden dirixir ao seu Centro de Saúde, onde os traballadores informarán de como cumplimentar a solicitude da Instrucción 7/14, que deberá ser presentada por duplicado, adxuntando fotocopia do DNI (no momento da súa presentación, tamén lles solicitarán a presentación da tarxeta sanitaria).

0 comentarios:

SOS Sanidade Pública

C. de Saúde do Hío, XA!

C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!

Polo CAR para o Morrazo

Redes sociais

Síguenos

100% público

100% público

POVI$A: listas de espera

POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com
.

Informe POVISA

Kiko da Silva

Kiko da Silva

Alianza Social do Morrazo

Alianza Social do Morrazo

Páxinas vistas

Powered By Blogger