13 jun 2014
Problemas co equipamento tecnolóxico do Novo Hospital de Vigo
Ante as denuncias de problemas no equipamiento do Novo Hospital de Vigo a Asociación Galega para a Defesa da Sanidade Pública quere comunicar que:
Esiximos a integración das unidades asistenciais de Galaria na EOXI de Vigo e que tódalas inversións en alta tecnoloxía sexan controladas e xestionadas pola Sanidade Pública.
- A Xunta pretende adxudicar por 2 millóns de euros públicos, un novo equipo de alta tecnoloxía a Galaria S.A., unha empresa pública xestionada con criterios privados por unha directiva que provén de Arthur Andersen, e que parasita ao CHUVI.
- Esta decisión non ten en conta a xestión ineficiente da Colaboración Público-Privada (CPP) segundo o consello de contas, e segundo un informe recente dun panel de expertos da Unión Europea. O retraso e a ineficiencia da xestión dos recursos públicos está a supoñer un incremento das derivacións dos pacientes á sanidade privada: POVISA unha vez máis é a gran beneficiada.
- A adxudicación do acelerador de Galaria realizouse por un procedemento negociado e sen publicidade, utilizado sen xustificación polo goberno galego para, teoricamente, acelerar un concurso que posteriormente paralízase por chapuceiro. Os profesionais xa tiñan avisado do que ia pasar antes de que o acelerador deixase de funcionar, ao igual que o están a facer co de similar antigüidade e características que aínda segue en funcionamento. Se daquela comezaran un proceso claro e transparente de licitación sobraríalles tempo.
- Deberíase aproveitar esta circunstancia para reintegrar o servizo de Radioterapia, e todas as unidades asistenciais de Galaria, no ámbito da EOXI de Vigo, rematando cun modelo de xestión que xa ten demostrado o seu fracaso.
Esiximos a integración das unidades asistenciais de Galaria na EOXI de Vigo e que tódalas inversións en alta tecnoloxía sexan controladas e xestionadas pola Sanidade Pública.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Mi lista de blogs
C. de Saúde do Hío, XA!

Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!
100% público

POVI$A: listas de espera

Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com.
Webs adheridos
Kiko da Silva

Plataformas de Galicia
- SOS Sanidade Pública
- Plataforma Contra a Privatización - Pontevedra
- Plataforma en defensa da Sanidade Pública - Área do Ferrol
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Marín
- Asociación Pro Sanidade Digna de Ourense
Sindicatos da sanidade
Publicacións
Alianza Social do Morrazo

0 comentarios: